huelga justicia

O comité de folga dos Letrados de Xustiza e o Ministerio reúnense este luns para continuar coa negociación

É a terceira vez que sentan á mesa para tentar desbloquear o conflito que mantén a folga indefinida

Sindicalistas investigados pola folga da Xustiza acusan á Xunta de estar detrás das denuncias

Os acusados pola Fiscalía denuncian que o Vicepresidente Alfonso Rueda é o promotor da acusacións en represaria por unha folga que consideran exemplar para outros operarios públicos. Varios partidos da oposición apóianos.

AXG-CUT, STAJ e CIG reúnense este xoves para decidir se impugnan o acordo coa Xunta

O Diario Oficial de Galicia publica este mércores o acordo da Xunta que asinaron SPJ-USO, UXT e CC.OO.

CSIF pide á Xunta que mellore a última oferta da folga de Xustiza

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) continúa apostando pola mediación no conflito da Administración de Xustiza. Non aceptan a última proposta da Xunta de Galicia e instan o goberno autonómico a mellorar a oferta.

Tres dos sete sindicatos asumen o acordo que pon fin á folga de Xustiza

A Xunta de Galicia deu de prazo aos sindicatos ata o pasado venres 18 ás 14.00h para aceptar o acordo. De non facelo, advertiu que se sentiría "liberada" de calquera compromiso e adoptará a decisión que corresponda para pechar formalmente o conflito.

A Xunta amaga con retirar a oferta da folga da Xustiza

Se os sindicatos non aceptan a última oferta nuns días, a Xunta sente libre de retirala da mesa. A folga xa non existe e o venres non haberá servizos mínimos, advirten desde San Caetano.

CIG convoca concentracións para apoiar ao persoal de Xustiza en folga

A CIG chama á poboación para manifestarse o luns 7 de maio ás 11.00h diante dos edificios administrativos da Coruña, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo "en solidariedade cos compañeiros e compañeiras de xustiza", apuntan.

Rueda non ve sentido a dialogar cun comité "diminuído" e confía en que a folga de xustiza acabe esta semana
"Está en mans dos sindicatos", advirte o vicepresidente e subliña o "moitísimo" que baixou o seguimento do paro nos últimos días
Nova maioría sindical na folga de xustiza coa adhesión de SPJ-USO a AXG-CUT, STAJ e CIG

Segundo fixeron público nun comunicado, SPJ-USO adhírese a AXG-CUT, STAJ e CIG, reconstruíndo así a unidade e establecendo unha nova maioría sindical. Desde as asociacións instaron ao resto de sindicatos a que se unan a esta maioría. 

Os traballadores da Xustiza votan por maioría para seguir en folga

Esperábase un día tenso e un resultado axustado. E así foi, despois de máis de dous meses de mobilizacións e coa unidade sindical destruída, os funcionarios deron un paso adiante e apostaron por continuar a folga.  Ainda que por unha estreita marxe.

CSIF pide un mediador para a folga da Xustiza rachando a unidade sindical

Tras a dimisión do presidente do comité de empresa este fin de semana, seguen aparecendo fendas entre os sete sindicatos que negocian o paro. CSIF pide unha "actitude responsable" a outras centrais e propón un ex-xuíz para mediar coa Xunta.

Alguén mente nunha folga da Xustiza que segue sen solución á vista

O vicepresidente da Xunta asegura que antes da fracasada reunión do mércores xa había un acordo coa maioría de sindicatos. Unidas, as centrais acusan a Rueda de mentir, piden a súa dimisión e din que o acordo estivo a 12 euros de distancia. Ao retirar as dúas partes as súas últimas ofertas da mesa, non se atisba final para un conflito que suma máis de dous meses de paro.

Éxito dos folguistas da Xustiza, que piden a dimisión de Rueda

Se a Xunta cría que podía abrir fendas entre sindicatos e traballadores, terá que esperar aínda máis, polo menos polo visto hoxe na manifestación da Xustiza. Foron máis de 2.000 os manifestantes que estiveron arroupados por toda a oposición.

Sexta semana de folga na Xustiza pendente de máis negociacións
Os xulgados e rexistros civís galegos arrincarán este luns a sexta semana en servizos mínimos debido á folga indefinida dos funcionarios do sector xudicial da comunidade que se iniciou o 7 de febreiro e que, desde entón, paralizou miles de xuízos e trámites xurídicos.
Os folguistas da Xustiza logran que Rueda se sente a negociar

Tras negarse en repetidas ocasións, o número 2 do Goberno Galego empeza a dar o seu brazo para torcer. Alfonso Rueda di que sentará a negociar cos traballadores da Xustiza. Di, mesmo, que non descarta presentar unha nova oferta para subirlles o soldo. Van dúas semanas de folga dun paro que segue sendo indefinido.

Rueda non se descarta para unha eventual sucesión de Feijóo

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, eterno golfiño de Alberto Nuñez Feijóo, déixase querer para unha posible sucesión. Nunha entrevista, o número 2 do PP galego asegura que o non está na carreira sucesoria, pero tampouco se descarta. O paro xudicial e a mobilización feminista do 8 M son outros dos temas desta conversación.

Os sindicatos de xustiza chaman a Feijóo ou a Rueda a negociar o luns

O comité de folga carga con dureza contra o presidente, ao que acusan de "bastas manipulacións".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE