Os folguistas da Xustiza logran que Rueda se sente a negociar
Tras negarse en repetidas ocasións, o número 2 do Goberno Galego empeza a dar o seu brazo para torcer. Alfonso Rueda di que sentará a negociar cos traballadores da Xustiza. Di, mesmo, que non descarta presentar unha nova oferta para subirlles o soldo. Van dúas semanas de folga dun paro que segue sendo indefinido.
Tras negarse en repetidas ocasións, o número 2 do Goberno Galego empeza a dar o seu brazo para torcer. Alfonso Rueda di que sentará a negociar cos traballadores da Xustiza. Asegura incluso que non descarta presentar unha nova oferta para subirlles o soldo. Van tres semanas de folga dun paro que segue sendo indefinido.
O vicepresidente da Xunta e responsable autonómico de Xustiza comunicará este mércores ao comité de folga que está disposto a sentar na mesa de negociación para tratar de desatascar o conflito que derivou nun paro indefinido dos funcionarios da xustiza desde o 7 de febreiro. Pero poñerá unha condición: que se suspenda a folga.
SÓ NEGOCIARÁ PERSOALMENTE SE NON HAI MÁIS FOLGA
Tras participar no acto de presentación da imaxe institucional con motivo do 8 de marzo, o vicepresidente apelou a negociar "sen escusas" e avanzou a súa vontade de sumarse á mesa de diálogo, como os sindicatos piden desde hai semanas, a condición de que "os cidadáns deixen de ser reféns da folga". Ao seu xuízo, "non é unha condición" senón "unha proposta lóxica".
Aínda que non concretou cifras, preguntado acerca de se a súa presenza na mesa negociadora -xunto co resto de compoñentes que a integraron ata agora-- iría acompañado de unha nova oferta de subida salarial para o colectivo, non o descartou e esgrimiu que, se se retoman lasa negociacións, farase co obxectivo de chegar "a un acordo".
Escribe o teu comentario