CSIF pide á Xunta que mellore a última oferta da folga de Xustiza

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) continúa apostando pola mediación no conflito da Administración de Xustiza. Non aceptan a última proposta da Xunta de Galicia e instan o goberno autonómico a mellorar a oferta.


|

Xulgado baleiro na primeira folga da xustiza en Galicia


A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) continúa apostando pola mediación no conflito da Administración de Xustiza. Non aceptan a última proposta da Xunta de Galicia e instan o goberno autonómico a mellorar a oferta.


O documento que mantén en pé a Administración foi sometido a votación o pasado 27 de abril polos sindicatos entre as traballadoras de Xustiza. "A proposta presentada o pasado 15 de maio é idéntica á que foi rexeitada polos traballadores, salvo que xa non se acepta votación", declara a central nun comunicado. 


O CSIF considera que o ultimato da Xunta que pesaba sobre os sindicatos para que aceptasen a súa oferta antes do pasado venres 18 ás 14.00h é un "grave erro" porque pecha "en falso o conflito". Critican que a Xunta non movese " un dedo para buscar unha solución" nos 20 días que transcorreron entre a votación da proposta ao peche de prazo. 


Por iso, a central sindical ha remitido á Xunta a petición formal de mediación e dirixiuse a todas os sindicatos para "que fagan súa esa proposta de mediación e apóiena", buscando a unidade sindical que deixaron polo camiño percorrido no últimos catro meses.



CORRECCIÓN: Na noticia do pasado sábado 19 de maio "Catro dos sete sindicatos asumen o acordo que pon fin á folga de Xustiza"  informamos erroneamente de que CSIF comunicara á Xunta que aceptaba a proposta. A Central Sindical continúa sen aprobar a oferta e aposta pola mediación. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE