CC.OO. abandona o Comité de Folga da Xustiza

Representantes do sindicato declararon ante os medios que a folga "conseguiu o seu obxectivo": a mellora "substancial" das condicións de traballo do persoal da Administración de Xustiza de Galicia.


|


Comisionesobrerasramonsarmiento


"Comisións Obreiras dá por acabada unha etapa no conflito da Xustiza, acorda coa súa afiliación a reincorporación ao traballo e confirma que deixa de formar parte do Comité de Folga". Así anunciaron esta mañá en rolda de prensa representantes do sindicato. 


Tras a creación de unhanova maioría sindical coa adhesión de SPJ-USO a APX-CUT, CIG e SPAJ, o sindicato Comisións Obreiras abandonou comezado hai máis de 80 días. A agrupación busca agora "recompoñer a unidade dos traballadores e as traballadoras", polo que se reincorporan á actividade. "[A unidade] só se conseguirá coa volta ao traballo diario", declarou o secretario xeral do Sindicato, Ramón Sarmiento. 


Representantes do sindicato declararon ante os medios que a folga "conseguiu o seu obxectivo": a mellora "substancial" das condicións de traballo do persoal da Administración de Xustiza de Galicia. As portavoces consideran que remitirse a unha mesa de negociacións é a "vía adecuada" para pechar o conflito, "tomando como referencia a última proposta da Administración" e resolvendo as "pequenas diferenzas" que teñen coa Xunta respecto ao acordo. 



relacionada A folga da Xustiza sen visos de solución tras dicir Rueda que non hai Comité de Empresa
relacionada Nova maioría sindical na folga de xustiza coa adhesión de SPJ-USO a AXG-CUT, STAJ e CIG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE