Folga Xustiza

Os plans de recuperación do traballo na xustiza puxéronse en marcha "sen estudar as cargas de traballo"

Alternativas na Xustiza-CUT critica que se "pretenda vender" que "con 16 horas se pode recuperar o traballo dunha folga de tres meses"

​“ A CIG xa é o primeiro sindicato de Galicia en delegados e delegadas”

Entrevistamos a Paulo Carril -líder da CIG dende o ano pasado- intres antes de que a central oficializase que desconvoca da folga xeral do 19X. O secretario xeral non se fía do novo Goberno -”somos consciente de quen é o PSOE”, di- e de feito apunta a que xa están preparando a folga no caso de que non derrogue a reforma laboral. Con todo, admite que a caída do PP xera certas expectativas. O conflito da Xustiza, a negociación en Educación, a folga de ambulancias e a relación do nacionalismo sindical co nacionalismo político son outros dos temas desta conversa. 

Desconvocada totalmente a folga de xustiza tras o anuncio dos sindicatos que seguían no Comité de Folga

Os servizos xurídicos destas organizacións estudarán conxuntamente impugnar o acordo da forma "menos lesiva"

A Xunta ratifica que o acordo de Xustiza será retroactivo desde maio, non desde xaneiro

SPJ-USO, UGT e CC.OO. aseguran que a Administración se había comprometido a estudar a retroactividade desde xaneiro con Facenda

Dous dos sete sindicatos da Xustiza apostan pola mediación

O conflito laboral nos xulgados non acaba de pecharse por completo. Os sindicatos buscan unha vía para pechar o acordo definitivo. A mediación, por agora, só conta co aval de dous deles.

A Xunta busca reunirse con todos os sindicatos para dar carpetazo final á folga da Xustiza

O Goberno Galego non se reunirá co comité de folga -como pretendían os sindicatos que aínda non dan por pechado definitivamente o paro desconvado- pero levará a última oferta a unha mesa na que quere sentar con todas as centrais.

Fin da folga da folga da Xustiza aínda que os traballadores seguirán presionando

Tras unha reunión tensa, un sindicato, a CIG, votou en contra; pero hoxe a maioría dos colectivos apoiaron desconvocar un paro que se prolonga máis de tres meses. Iso si, haberá novas medidas de presión.

Os xulgados volven traballar case con normalidade a pesar de que aínda hai folga

A maioría dos traballadores móstranse a favor de non seguir cos paros e a Xunta sitúa o seguimento en menos do 4%. Con todo, a convocatoria aínda vixente fai que moitos traballen a servizos mínimos.

UXT contra a folga xeral galega non traerá "resultados" pero se custos
Gómez lamenta que os traballadores de xustiza "non puideron votar con liberdade" e cre que a folga xa non é a "vía"
CC.OO. abandona o Comité de Folga da Xustiza

Representantes do sindicato declararon ante os medios que a folga "conseguiu o seu obxectivo": a mellora "substancial" das condicións de traballo do persoal da Administración de Xustiza de Galicia.

A folga da Xustiza sen visos de solución tras dicir Rueda que non hai Comité de Empresa

Polo declarado hoxe polo Vicepresidente, a folga da Xustiza só acabará se os traballadores aceptan finalmente a oferta da Xunta, que xa rexeitaron en votación o 52%. E é que o vicepresidente lonxe de ceder pasa á ofensiva, asegurando que non hai Comité co que negociar e que os folguistas piden algunhas cousas sobre as que non se pode nin falar.

A folga da Xustiza podería acabar este mércores

Ao PP non lle vale por "viciado" o resultado da votación pola cal os funcionarios votaron seguir en folga. Un paro que podería, polo menos, ser suspendido o mércores. Os tres sindicatos que aínda apoian as mobilizacións ofertaron hoxe unha pausa nas protestas se a Xunta volve sentar. O sindicato máis importante, partidario de asinar xa, tamén quere seguir dialogando.

Acusacións cruzadas tras a vitoria dos folguistas da Xustiza

Tras semanas denunciando que os sindicatos non deixaban votar aos traballadores, Rueda non ve lexítimo o resultado das votacións. O vicepresidente quéixase de presións dos pro-folga, que lle responden pedindo a súa dimisión e denunciando a "traizón" de USO, Comisións, UXT e CSIF.

Os traballadores da Xustiza votan por maioría para seguir en folga

Esperábase un día tenso e un resultado axustado. E así foi, despois de máis de dous meses de mobilizacións e coa unidade sindical destruída, os funcionarios deron un paso adiante e apostaron por continuar a folga.  Ainda que por unha estreita marxe.

O fin da folga de xustiza decídese con tensións entre os sindicatos

Os sindicatos que aceptan a votación acusaron a Alternativas na Xustiza-CUT, CIG e STAJ de "boicotear a votación", ao que responderon que o referendo supón unha "auténtica fraude electoral" pola "falta de garantías de control" dos votos. 

Os sindicatos da folga xustiza acampan diante da Xunta

A presión dos traballadores no conflito da Xustiza non baixa, a pesar da dimisión do presidente do comité. Ademais de seguir ao Vicepresidente a moitos dos seus actos, desde esta mañá os funcionarios acampan en San Caetano.

O presidente do Comité de folga de xustiza renuncia ao seu cargo, pero mantense a unidade sindical

Supón o terceiro cambio desde que o pasado 7 de febreiro se iniciou a folga indefinida coa que se reclama á Xunta de Galicia a mellora das condicións salariais dos traballadores de xustiza e a súa equiparación cos doutras comunidades españolas. 

Sindicatos de xustiza e Xunta retoman as negociacións para acabar coa folga indefinida​
A Xunta ábrese a "modificacións" na súa última proposta pero insiste en que o "marco económico" para negociar é o que está sobre a mesa



Tensión ante a hora da verdade tras dous meses de folga na Xustiza

Vicepresidencia e sindicatos tratarán de chegar a un acordo este mércores. Na véspera da primeira reunión en varias semanas, os funcionarios queiman as súas nóminas para denunciar as "coaccións" que afirman recibir da Xunta. Mentres, a oposición tenta sacar réditos e denuncia a "pésima" xestión do conflito.

A Xunta abre a porta para subir a súa oferta aos traballadores da #FolgaXustiza

A Xunta lanza mensaxes de que está disposta a ceder algo para contentar aos folguistas da Xustiza. Faino na véspera dunha manifestación este sábado en Santiago, na que os traballadores pretenden mostrar unidade tras dous meses sen traballar e, por tanto, sen cobrar.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE