Desconvocada totalmente a folga de xustiza tras o anuncio dos sindicatos que seguían no Comité de Folga

Os servizos xurídicos destas organizacións estudarán conxuntamente impugnar o acordo da forma "menos lesiva"


|

Mesa sectorial de xustiza, con Xunta e sindicatos



Os tres sindicatos que seguían no comité de folga de xustiza --AXG-CUT, STAJ e CIG-- acordaron este xoves desconvocar o paro indefinido que arrincou o día 7 de febreiro pero estudarán a posibilidade de "impugnar" o acordo co que a Xunta deu por "pechado" o conflito.

Diso informaron a Europa Press fontes destas organizacións sindicais, que explican que alcanzaron a decisión de suspender a folga despois de que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicase o mércores o acordo subscrito por SPJ-USO, UXT e CC.OO. e aprobado polo Consello da Xunta a semana pasada.

Estas tres organizacións sindicais abandonaron de forma sucesiva o comité de folga tras a firma do documento, un paso que tamén deu CSIF aínda que non secundou o acordo. Deste xeito, coa suspensión do paro indefinido, este órgano desparece.

Con todo, AXG-CUT, STAJ e CIG informaron a Europa Press de que a última decisión alcanzada neste comité de folga, antes da súa desaparición coa desconvocatoria do paro, é que os seus respectivos servizos xurídicos analicen de forma conxunta a posibilidade de "impugnar" o acordo da forma "menos lesiva" para os traballadores.

"Non lles queremos buscar ningún problema aos funcionarios pero queremos estudar se hai vías para melloralo", explicaron estas fontes do comité de folga, que se reuniu por última vez este xoves en Santiago de Compostela.

ACORDO
O acordo publicado polo DOG contempla, entre outras cuestións, incrementos salariais de 122 euros mensuais para os auxilios xudiciais, 127 para tramitadores, 135 para xestión e 140 para os médicos forenses.

Dita subida salarial concretarase o 50% en 2018; o 30% en 2019; e o 20% restante en 2020, ata alcanzar a súa totalidade. A Xunta asegurou que os incrementos percibiranse xa na nómina de xuño con efecto "retroactivo" a maio.

Tamén inclúe outros puntos relativos á eliminación de descontos nas baixas por incapacidade temporal, a articulación dunha compensación económica do persoal que realice unha substitución nun corpo superior, a consolidación de prazas de reforzo de máis de tres anos de duración, e a creación de prazas no marco do plan de modificación dos cadros de persoal aprobado en 2012.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE