A folga da Xustiza sen visos de solución tras dicir Rueda que non hai Comité de Empresa

Polo declarado hoxe polo Vicepresidente, a folga da Xustiza só acabará se os traballadores aceptan finalmente a oferta da Xunta, que xa rexeitaron en votación o 52%. E é que o vicepresidente lonxe de ceder pasa á ofensiva, asegurando que non hai Comité co que negociar e que os folguistas piden algunhas cousas sobre as que non se pode nin falar.


|

Polo declarado hoxe polo Vicepresidente, a folga da Xustiza só acabará se os traballadores aceptan finalmente a oferta da Xunta, que xa rexeitaron en votación o 52%. E é que o vicepresidente lonxe de ceder pasa á ofensiva, asegurando que non hai Comité co que negociar e que os folguistas piden algunhas cousas sobre as que non se pode nin falar.


O vicepresidente Alfonso Rueda na roda do Consello da Xunta.


Así, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu en a última oferta exposta polo Goberno galego e en que acabar coa folga de empregados públicos de xustiza "está en mans dos sindicatos, a condición de que non sigan prometendo cousas" que non van poder conseguir.

PUNTOS INNEGOCIABLES

Preguntado na rolda de prensa posterior ao Consello, engadiu que o que "non se pode negociar" é "que se devolva todo o diñeiro da folga" aos funcionarios que a secundaron. "Que recuperen o 100% do que se descontou na folga nin é posible legalmente nin o entendería a cidadanía", xustificou.

Ese punto e o relativo a "garantir" que estes traballadores sexan "sempre os cuartos mellor pagados de España", cando a economía galega "nin moito menos" é a cuarta do conxunto estatal, son os aspectos que "non vai aceptar" o Goberno galego, segundo subliñou o seu vicepresidente.

A este respecto, afirmou que, se hai centrais que "prometeron" isto e "enganaron" aos funcionarios, serán estas organizacións as que "terán que dar explicacións".

O COMITÉ  DE EMPRESA"NON EXISTE"
Ao seu xuízo, ademais, o comité de folga "tal e como se coñecía" xa "non existe", tras dúas renuncias de presidentes na súa opinión "non suficientemente aclaradas".

Cuestionado sobre por que non comparece no próximo pleno do Parlamento --En Marea e BNG solicitárono na última xunta de portavoces e o PP rexeitouno--, Alfonso Rueda argumentou que xa o fixo no seu día e que explicou a postura da Xunta.

Chamando a atención sobre o feito de que non foron todos os grupos da oposición os que o reclamaron, recriminou que non presentaron "ningunha iniciativa" sobre xustiza no pleno, o que lle levou a concluír que "a pregunta é se lles interesa a folga ou que compareza" el.


ATAQUE A ALGÚNS SINDICATOS
Así mesmo, preguntouse "que opinan sobre os altercados" durante a votación do preacordo en asembleas. Desde o seu punto de vista, "coacionouse sen ningunha dúbida o dereito a unha votación en liberdade".

Por outra banda, sobre a proposta do Consello Galego de Relacións Laborais de que a Administración autonómica tome unilateralmente a decisión de subir o soldo a estes empregados públicos nos termos da última oferta, rexeitou valorala porque non ten "constancia oficial" dela. "Á Xunta non lle chegou esa proposta", dixo.

"DIÁLOGO PERMANENTE"
Neste escenario, Rueda defendeu que á Xunta agora "correspóndelle estar onde estivo sempre", coa súa proposta, que, segundo lembrou, "acordouse con catro sindicatos, convencidos de que cumpría as partes máis importantes" das súas reivindicacións.

Sobre se non hai intención de volver sentar, respondeu que a Xunta "deu mostras de diálogo permanente" neste conflito, con ao redor de 20 reunións, segundo as súas cifras, e a chegada a un principio de acordo, o que, remarcou, demostra a súa "intención de pechar o conflito".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE