Nova maioría sindical na folga de xustiza coa adhesión de SPJ-USO a AXG-CUT, STAJ e CIG

Segundo fixeron público nun comunicado, SPJ-USO adhírese a AXG-CUT, STAJ e CIG, reconstruíndo así a unidade e establecendo unha nova maioría sindical. Desde as asociacións instaron ao resto de sindicatos a que se unan a esta maioría. 


|

Traballadores da xustiza votan na asemblea de Vigo

Votacións do venres 27 de abril


O pasado venres os sindicatos de Xustiza membros do Comité de Folga someteron a votación a proposta formulada pola Xunta de Galicia e aceptada por catro dos sete sindicatos do comité. Tras o chamamento de Alternativas na Xustiza-CUT, STAJ e CIG (as agrupacións que rexeitan o acordo) ao goberno autonómico e ao resto de sindicatos para manter unha reunión este mércores 2 de maio, o conflito deu un xiro inesperado. 


Segundo fixeron público nun comunicado, SPJ-USO adhírese a AXG-CUT, STAJ e CIG, reconstruíndo así a unidade e establecendo unha nova maioría sindical. Desde as asociacións instaron ao resto de sindicatos a que se unan a esta maioría. 


Así mesmo, declararon que a folga continúa ata "alcanzar un acordo que permita acabar co conflito", e que os resultados das votacións do principio de acordo "levado ás asembleas por 4 sindicatos deixou moi claro que @s traballador@s da Xustiza Galega non consideran que ese texto acabe co conflito". 


relacionada A folga da Xustiza podería acabar este mércores
relacionada Acusacións cruzadas tras a vitoria dos folguistas da Xustiza
relacionada Os traballadores da Xustiza votan por maioría para seguir en folga
relacionada Catro dos sete sindicatos de xustiza aceptan a oferta da Xunta, que votarán os traballadores

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE