CIG e UGT denuncian no xulgado a Facenda por incumprir o acordo cos Axentes Forestais

Representantes sindicais de CIG e UXT denunciaron no Xulgado do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia á Consellería de Facenda en materia de Inactividade da Administración por incumprir o acordo cos Axentes Forestais, segundo o comunicado publicado hoxe por APRAFOGA.


|

Valerianomartinezfeijoo

O Conselleiro de Facenda (á fronte), Valeriano Martínez, xunto a Núñez Feijóo


Representantes sindicais de CIG e UXT denunciaron no Xulgado do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia á Consellería de Facenda en materia de Inactividade da Administración por incumprir o acordo cos Axentes Forestais, segundo o comunicado publicado hoxe por APRAFOGA.


"A Xunta incumpre o Acordo cos Axentes Forestais e Ambientais que na actualidade están nunha situación precaria", comeza o texto. As asociacións denuncian que as Consellerías de Facenda, Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Medio Rural comprometéronse no acordo asinado o 15 de setembro de 2016 a redactar un novo convenio, xa que "o único regulamento de funcións vixente data do ano 1997 e só recolle unha parte do persoal". 


Segundo o comunicado, actualmente o colectivo de axentes segue "sen regulamento de funcións", e as consellerías "fixeron oídos xordos dos compromisos acordados". Declaran que o 11 de abril de 2017 solicitaron unha nova reunión para redactar o documento, e "tras a pasividade da Xunta", o 15 de novembro do mesmo ano solicitaron unha reunión coa Dirección Xeral de Función Pública, advertindo de que recorrerían á vía xudicial se non se negociaba un regulamento. 


"Finalmente o 16 de abril os representantes dos traballadores non teñen máis saída que acudir ao xulgado para presentar a denuncia polo incumprimento do Acordo", reza a nota. 

relacionada Axentes Forestais e Ambientais valoran unha folga indefinida nos meses de alto risco de incendios
relacionada O impacto ambiental dos incendios deixa sen auga a outro concello

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE