"Deixar a Guerra Civil nas bibliotecas, mirar para o futuro!". Esta é unha das acesas proclamas que lanzou Francisco Vázquez no seu discurso deste domingo, catro días despois do traslado do ditador Francisco Franco. O ex-alcalde herculino foi un dos organizadores da concentración na Coruña, enfavor da Constitución e en contra da independencia de Cataluña, convocada en paralelo á marcha de Societat Civil Catalá en Barcelona.