Marta Ortega, principal herdeira do imperio Inditex, espera o seu segundo fillo (vídeo)
Marta Ortega, filla do magnate de Inditex, vai ter o seu primeiro fillo co seu segundo marido, Carlos Torretta. A parella casou fai algo menos dun ano.
A saga da familia máis poderosa de Galicia crece. Marta Ortega, filla do magnate de Inditex, vai ter o seu primeiro fillo co seu segundo marido, Carlos Torretta.
A parella casou fai algo menos dun ano. Os dous traballan na sede central de matriz de Zara en Arteixo.
O embarazo, anunciado en primicia por unha revista do corazón, é o segundo de Marta. A primoxénita do industrial ten un fillo do seu anterior matrimonio, que se chama como o seu avó, Amancio.
Escribe o teu comentario