(Vídeo) A puñadas cunhas mulleres na porta dun bar
No medio dunha discusión un home diríxese a un grupo de mozas dicindo que ía "violar" a unha. O asunto acabou cunha pelexa e polo menos unha denuncia na Policía.
A Policía Nacional investiga a agresión "física e verbal" dun home a varias mulleres na porta dun local de lecer no Orzán coruñés.
Así, segundo indicou o concello coruñés nun comunicado, os feitos ocorreron na madrugada do pasado domingo, cando un home pelexou con varias mulleres na entrada dun pub do barrio de Orzán.
Desta maneira, o goberno local lamentao o ocorrido e sinalou que a Policía Nacional está a investigar os feitos tras a denuncia formal das vítimas.
No vídeo, que se fixo viral, obsérvase como un home, tras discutir con un grupo de mozas, empeza a golpes con elas, chegando a darlles bofetones e tiralas ao chan. Incluso unha das vítimas acaba coa cara ensanguentada debido aos golpes.
O vídeo foi eliminado polo usuario que o subiu orginalmente, pero foi republicado por outras contas.
Isto ocorreu en Coruña, na porta do Lolita Bar no Orzán. Un agresor machista ha respondido a puñadas ao reclamo de explicacións dunhas mulleres, por unha agresión anterior a unha amiga. @policia isto é denunciable de oficio? pic.twitter.com/PzSPQOfppZ
— AltoContraste (@MuchoContraste) 15 de xullo de 2019
Aquí pódese ver a discusión inicial, ante a que o agresor machista actúa fronte á pasividade das súas congéneres na porta mesma do Lolita Bar, no Orzán, Coruña. @policia pódese identificar neste vídeo por se se desexa denunciar? pic.twitter.com/x7FNOV1EEn
— AltoContraste (@MuchoContraste) 15 de xullo de 2019
O Consistorio mostrou a súa preocupación polo incidente, de maneira que se puxo ao dispor das afectadas para "todo o que necesiten". Ademais, desde María Pita aseguraron que "tomarán medidas e aumentarán a vixilancia na zona" para evitar episodios como o desta fin de semana.
Escribe o teu comentario