​(VÍDEO) Un cazador galego grávase mordisqueando o xabaril que acaba de abater

O vídeo foi moi criticado nas redes sociais, onde os colectivos animalistas denunciaron as imaxes onde se ve a un cazador imitando, utilizando a un xabaril morto, a un depredador que acaba de conseguir á súa presa.


|

O vídeo foi moi criticado nas redes sociais, onde os colectivos animalistas denunciaron as imaxes onde se ve a un cazador imitando, utilizando a un xabaril morto, a un depredador que acaba de conseguir á súa presa.


Cazador galicia

Escena do vídeo


"Xa está, xa o fodín!", exclama o protagonista do vídeo despois de morder unha das orellas do animal morto, entre as risas dos compañeiros de cacería. A escena foi denunciada en redes sociais por Rubén Pérez, membro das plataformas 'Libera!' e 'Galicia mellor sen touradas'.


"Así se divirten os cazadores en Galicia, matando e gravando ridiculeces con cadáveres de animais", lamenta Rubén na súa publicación de twitter, onde foi compartido centos de veces e acumula case 10.000 reproducións.


Moitos usuarios denunciaron a actitude do cazador por "comportarse como unha besta" e por "mofarse dun animal ao que acaba de matar". 


Nos últimos tempos reproducíronse este tipo de comportamentos nas redes sociais, onde os usuarios denunciaron que algúns cazadores fílmanse mentres maltratan animais, como o caso do cazador que apedreou ata a morte a un xabaril moribundo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE