​(VÍDEO) ATRIFOGA celebra os seus tres anos de vida lembrando os seus triunfos

A Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia aproveitou a publicación do vídeo para agradecer “aos socios, medios de comunicación, partidos políticos e a todos os que axudastes” por sumarse a axudar ao colectivo para “saír da precariedade na que nos atopabamos en 2012”.


|

A Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia aproveitou a publicación do vídeo para agradecer “aos socios, medios de comunicación, partidos políticos e a todos os que axudastes” por sumarse a axudar ao colectivo para “saír da precariedade na que nos atopabamos en 2012”.




Aínda que temos moito camiño que percorrer, queremos agradecer á Consellería de Medio Rual as reunións mantidas connosco”, expón a plataforma. Grazas a esas reunións, os traballadores melloraron as súas condicións laborais, aínda que recalcan que “seguiremos loitando” para conquistar máis dereitos.


O vídeo fai un repaso á formación do colectivo desde 2001 ata 2019, con imaxes dos incendios que arrasaron Galicia desde entón e do encomiable labor que desenvolven estes traballadores, fundamentais na protección do monte galego.


Pero a vida da Asociación non se limitou só á loita nos montes, senón que as rúas tamén foron o escenario de batalla de moitos destes traballadores, saíndo en masa a reclamar os seus dereitos en concentracións multitudinarias. Protestas e mobilizacións que se prolongaron ata que a administración atendeu as súas demandas, mellorando así a situación laboral de moitos dos membros da plataforma.


Con todo, desde ATRIFOGA fixan o seguinte obxectivo nas súas demandas. “ Imos seguir defendendo aos traballadores fixos-descontinuos ata lograr a condición de fixos todo o ano e ampliando as nosas funcións para poder traballar tamén na prevención”, anuncian desde ATRIFOGA, lembrando que “onde houbo lume sempre quedan cinzas”.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE