​(VÍDEO) A Selección Española Feminina de Fútbol xa está na Coruña

As pupilas de Jorge Vilda xa se atopan concentradas en Galicia, preparando o partido que as enfrontará a Acerbaixán en Riazor o vindeiro venres na primeira cita clasificatoria para a Eurocopa de 2021.


|

As pupilas de Jorge Vilda xa se atopan concentradas en Galicia, preparando o partido que as enfrontará a Acerbaixán en Riazor o vindeiro venres na primeira cita clasificatoria para a Eurocopa de 2021.




Europa espera e Galicia é a primeira parada. A Selección Feminina de Fútbol inicia a súa andaina para clasificarse para a Eurocopa 2021 no primeiro partido da fase clasificatoria, ante Acerbaixán o vindeiro venres 4 de outubro, con Riazor como escenario da primeira cita que, se todo vai ben, terá o seu punto e final alá polo 1 de agosto de 2021, co combinado nacional alzándose como campioas de Europa en Wembely, templo do fútbol mundial.


Pero ata entón, as xogadoras convocadas por Jorge Vilda teñen entre cella e cella lograr un bo resultado ante Acerbaixán, un rival a priori inferior a unha España que vén de facer un meritorio papel este verán no Mundial, onde Estados Unidos, ao cabo campioa do mundo, foi o verdugo de 'A Vermella'.


Para o encontro o seleccionador non poderá contar nin con Lola Gallardo nin con Lucía García, que causarán baixa. A que si estará ante o conxunto acerbaixano é Irene Guerrero, a encargada de suplir a García, mentres que Larque é a que cobre a baixa da cérbera do Atlético de Madrid.


A Eurocopa de 2021 poderá verse pola 1 de TVE, que adquiriu os dereitos de retransmisión do torneo. A mesma cadea emitirá o partido desde o coliseo branquiazul este venres a partir das 21:30 horas. Ademais deste partido, A 1 emitirá os duelos contra República Checa, Polonia e Moldavia, que tamén están encadrados no mesmo grupo que España.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE