Vídeo: Abel Caballero tamén se atreve co skate

Aos poucos segundos o edil demostrou ser capaz de gardar o equilibrio e mesmo adoptou a típica postura dos skaters.


|

De todos é coñecido que Abel Caballero non é precisamente  tímido fronte ás cámaras dos medios de comunicación. Hoxe o alcalde de Vigo deu unha nova mostra durante a presentación do festival de cultura urbana O Marisquiño.


Abel Caballero probando un patinete durante a presentaciu00f3n do festival Ou Marisquiu00f1ou de Vigo nunha foto de EP



Como este ano a competición de skateboarding gaña importancia ao ser puntuable para os Xogos Olímpicos, o político socialista animouse a montarse nun patinete. 


Iso si, con axuda dun experto, aínda que só inicialmente. Aos poucos segundos o edil demostrou ser capaz de gardar o equilibrio e mesmo adoptou a típica postura dos skaters.


Unha curiosa imaxe que serve para axudar a pasar páxina despois da polémica do accidente no porto o ano pasado, cuxa responsabilidade está aínda sen dilucidar, nin xudicialmente nin politicamente, pois Concello e Xunta seguen á gresca.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE