O metal de Pontevedra reacciona con miles de manifestantes clamando por salario e condicións dignas

As protestas de hoxe son a antesala doutras cinco xornadas de folga os días 13, 14, 19, 20 e 21 de maio.


|

Trabajadores del Metal de la provincia de Pontevedra se manifiestan en Vigo, en la primera jornada de huelga convocada por el bloqueo en la negociación del convenio, a 7 de mayo de 2026
Traballadores do Metal da provincia de Pontevedra maniféstanse en Vigo, na primeira xornada de folga convocada polo bloqueo na negociación do convenio, a 7 de maio de 2026

 

Este xoves arrincou na provincia de Pontevedra o primeiro dos seis días de paro programados no sector do metal para o mes de maio. A deste 7 de maio resulta a primeira experiencia da chamada ás barricadas de CIG, UXT e CC.OO. que, de maneira conxunta, convocaron aos operarios do metal á folga, reaccionando en masa contra a precariedade que veñen denunciando desde hai anos e cansos ante o bloqueo dunhas negociacións que se han eternizado na mesa por un novo convenio. 

 

 

CANSADOS DE ESPERAS

"Convenio do metal, solución!" foi unha das moitas proclamas que se escoitaron esta mañá na manifestación principal, celebrada en Vigo, e que tiña como meta a delegación da Xunta na cidade olívica. Na marcha participaron personalidades das tres centrais sindicais, como o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, así como o responsable comarcal de CIG Industria, Xulio Fernández e os portavoces de CC.OO. e UXT, Rodolfo Otero e Cristian González, respectivamente. 

 

 

O propio González conversou onte con Galiciapress para analizar a situación dun sector onde reclaman unha subida salarial que axude a amortecer o encarecemento dos prezos do aluguer, os combustibles ou o prezo da compra, pero tamén melloras nas condicións laborais, pasando por acabar coas xornadas partidas e facilitando a conciliación, ademais de incluír no convenio cuestións relativas á seguridade dos traballadores, conscientes de que nalgunhas empresas danse garantías que non se dan noutras firmas.

 

"No que cae é nunha competencia desleal e nunha espiral de precariedade entre empresas onde una cumpre e outra non, pero a que non cumpre recibe o traballo polo que poxaba a que si o fai", criticaba González, que insistía en que o convenio do metal en Pontevedra fora, historicamente, "un referente" a nivel galego.

 

 

"Vemos un aumento da precariedade, cuestións como a tensión térmica, e si non o pomos en convenio, os empresarios non fan o que teñen que facer... Pomos en risco a saúde dos traballadores", lamenta González, que urxe aos empresarios "espertar" e "#tomar en serio" o conflito. Tamén forzas políticas como Anova trasladaron o seu apoio aos traballadores.

 

 

FOLGA EN NAVALIA?

Os sindicatos xa tachan de "total éxito" esta primeira pedra de toque, cos días 13 e 14 de maio no horizonte e, en 15 días, os paros para os días 19, 20 e 21 de maio, coincidindo coa celebración da feira Navalia no Ifevi, até onde poderían levar as protestas se non hai un xiro radical nas conversacións que leve á desconvocatoria dos paros.  

 

 

Os representantes dos traballadores aseguran que a súa intención é ir "xornada a xornada" pero insisten en que fai falta "un recoñecemento" por parte da patronal. "O que vimos esixir na rúa é dignidade, necesitamos que os traballadores sexan respectados, e déaselles a dignidade que merecen", demandaba Otero esta mañá, pedindo que "se recoñeza" o risco que corren os traballadores "e déaselle cobertura".


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE