(VÍDEO) Para que lanzar arroz tendo unha cosechadora? Así celebran as vodas no Pino
Esta peculiar celebración volveuse viral nas últimas horas polo particular recibimento aos noivos á saída da igrexa.
Esta peculiar celebración volveuse viral nas últimas horas polo particular recibimento aos noivos á saída da igrexa.
Lanzar arroz nas vodas está pasado de moda. Os canóns de confeti apoderáronse das celebracións e as igrexas e concellos énchense de papelitos de cores. Pero parece que ata ao confeti saíulle un duro competidor. E é que en O Pino inventaron un novo método para celebrar as ligazóns: a golpe de cosechadora.
Márcos e Cristina non se esperaban o que había á saída de San Mamede de Ferreiros, aínda que el está afeito levar todo tipo de maquinaria agrícola. Ás portas do templo, no canto dunha choiva de arroz, os recentemente casados foron recibidos cun bombardeo de forraxe.
Entre papel de xornal e millo triturado saíron os noivos e máis dun invitado descoidado e sorprendido polo bombardeo desde a cosechadora. A máis dun o susto aínda lle dura no corpo, aínda que nunha ‘agroboda’ como esa, como moitos xa se aventuraron a bautizar, nada é o que parece, porque os noivos chegaron á igrexa flanqueados por unha caravana de tractores revestidos para a ocasión. Unha voda inesquecible. Viva os noivos e as cosechadoras!
Escribe o teu comentario