Sanidade

A Marea Branca toma Coruña este domingo e pon o foco nos gobernos locais

Lamentan que desde as Administracións locais empreguen "todo o poder que teñen" en "limitarse" a propoñer mocións e resolucións institucionais "que non chegan a ningún porto fóra das catro paredes do concello" 

A concesionaria do Cunqueiro gaña 2,42 millóns de euros ao ano

"Por iso esiximos, unha vez máis, a reintegración ao sistema sanitario público deste hospital, para evitar a quebra económica dado o afán desmedido de ganancias da concesionaria", sentencian as organizacións.

"Non ten sentido formar un número excesivo de médicos que non vai atopar acomodo laboral"

Repasamos co decano da facultade de medicina a relación do número de prazas co número de persoas graduadas, as relacións da universidade co Sergas, a falta de profesorado, o estado do Hospital Clínico e as expectativas e previsións sobre a sanidade de mañá. 

"Non podemos formar a 10.000 médicos e convocar 6.000 prazas de especialistas"

O decano da facultade de Medicina da USC, Julián Álvarez, criticou a política da Xunta en materia de contratación de persoal sanitario

Denuncian "recortes de persoal" en obstetricia do hospital de Ourense

Comisións Obreiras denunciou os "recortes de persoal" que acaba de sufrir a unidade de obstetricia do hospital de Ourense e tachou de "falacia" o argumento co que a directiva do hospital xustifica a redución do persoal nesta planta.

Pacientes en estado de atención "moi grave e preocupante" nos hospitais psiquiátricos

O Movemento Galego dá Saúde Mental denunciou "varios signos de grave deterioración" na atención á saúde mental nos Hositales de Conxo (Santiago de Compostela) e de Calde (Lugo)

Persoal sanitario do Cunqueiro mobilízase en solidariedade coas auxiliares de enfermería

As TCAE buscan defender "a súa dignidade como traballadoras", rexeitar o "modelo de xestión" do hospital e mostrar que están "dispostas a loitar polos seus postos de traballo" e por unha sanidade "pública e de calidade", segundo explica a representación do persoal. 

O sector das ambulancias confía en que Sanidade "por fin quere buscar unha solución"
A CIG, sindicato que presenta o 60 por cento no sector de ambulancias en Galicia, destaca que a Consellería de Sanidade "por fin quere buscar unha solución" ao conflito e apela ás empresas concesionarias do servizo na comunidade para negociar o novo convenio.
O testemuño dunha facultativa para acabar coos "malos tratos asistenciais" nas urxencias do CHUS (VÍDEO)

O testemuño dunha facultativa de urxencias do CHUS: "Falamos dun mal uso do servizo de urxencias por parte dos xestores, que terían que ter unha gran consideración coa pacientes da área e cos traballadores".

 
Camiñar ata Santiago para visibilizar a miastemia

A xerencia da área de Santiago de Compostela súmase á celebración do Día Internacional da Miastemia organizando dous actos relacionados con esta patoloxía.


O Sindicato de Enfermería condena a 'normalización' do peche de camas no verán

"Esta deción supón sobrecarga asistencial para unhas profesionais xa en mínimos, precariedade innecesaria nas unidades e falta de sensibilidade", subliña o sindicato. 

Auxiliares de enfermería do Cunqueiro desconvocan o peche ante as ameazas de posibles denuncias
Auxiliares de enfermería do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo desconvocaron, ante o que consideran "ameazas" de posibles denuncias por parte da Xerencia, o novo peche de 24 horas que tiñan previsto iniciar este mércores e no seu lugar decidiron quedar na entrada do centro unicamente "un grupo pequeno, de menos de 20 persoas, para que non sexa ilegal".
O Sergas gasta máis de 300.000 euros nun gabinete de comunicación privado mentres mantén o público

CESM Galicia entende que houbo "unha malversación de diñeiro público, ao subcontratar e gastar innecesariamente esa cantidade de diñeiro en senllas empresas privadas". Calculan que a xerencia "malgastou" máis de 300.000€ cando xa existía un gabinete de comunicación propio.

Persoal do PAC de Tui lamenta a "exposición ao risco" que sufriron no lugar da explosión

A xerencia sanitaria viguesa asegura que a situación "en todo momento" estivo "perfectamente controlada". Desde o PAC lamentan a "exposición ao risco" que tivo ao ter que traballar "sen ter a zona asegurada" ao chegar o persoal sanitario antes que as forzas da orde. 

O 32% das galegas con psicose ou esquizofrenia cre que o tratamento médico "chegou tarde"

Posicionamiento por la implementación de programas de intervención temprana en Psicosis, elaborado polos principais organismos de saúde mental de España, recolle 17 medidas para mellorar "a detección e a atención temperá" deste transtorno. 

ASMIG insta aos sindicatos a concretar as súas propostas para a negociación da carreira profesional

ASMIG sostén que ningunha organización "adiantou ata o momento a súa postura ou estratexia" sobre a negocición, "vital para a defensa dos intereses salariais" das profesionais médicas da atención primaria.

CIG-Saúde esixe ao Sergas máis persoal en Atención Primaria

A CIG-Saúde advirte á Consellería de Sanidade que, en caso de non adaptar as prazas de formación "ás necesidades asistenciais", "en breve" o SERGAS non terá persoal "para cubrir a taxa de reposición por xubilación, as quendas de garda ou as ausencias". 

Piden a convocatoria "inmediata" dunha mesa sectorial para que o persoal sanitario "recupere o poder adquisitivo"
A CIG reclamou este venres a convocatoria "inmediata" dunha mesa sectorial sanitaria que aborde o incremento retributivo do persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas) para "recuperar os dereitos laborais e o poder adquisitivo perdidos".
O acordo entre traballadores e xerencia acaba coa folga do Hospital de Monforte
SOS Sanidade Pública chama a continuar coas mobilizacións como "principal instrumental" para frear a privatización da sanidade
PSdeG reclama un "cambio notable" na xestión do sistema sanitario galego

Leiceaga acusou o Partido Popuar de "persistir no erro" do seu "acomodamento" ante unha deterioración da atención sanitaria "como consecuencia do axuste contable que sitúa ao sistema no límite do seu nivel de resistencia".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE