Persoal sanitario do Cunqueiro mobilízase en solidariedade coas auxiliares de enfermería
As TCAE buscan defender "a súa dignidade como traballadoras", rexeitar o "modelo de xestión" do hospital e mostrar que están "dispostas a loitar polos seus postos de traballo" e por unha sanidade "pública e de calidade", segundo explica a representación do persoal.
A comisión de centro do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo convocou a todo o persoal a participar en dous xornadas de mobilización en solidariedade coas técnicas e técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE).
Unha das mobilizacións levou a cabo este martes 12 e a outra o vindeiro xoves 14, en apoio á folga do colectivo convocada para o 18, 21, 25 e 28 de xuño para "rexeitar a decisión da Xerencia da EOXI de obrigalas a asumir o traslado de bolsas de roupa sucia, función que ata agora realizaba a concesionaria da limpeza", segundo apunta o sindicato CIG nun comunicado.
As TCAE buscan defender "a súa dignidade como traballadoras", rexeitar o "modelo de xestión" do hospital e mostrar que están "dispostas a loitar polos seus postos de traballo" e por unha sanidade "pública e de calidade", segundo explica a representación do persoal.
O conflito, explica CIG, empezou fai máis dun mes cando a xerencia da EOXI "tomou unilateralmente a decisión" de que o persoal auxiliar de enfermería recollese as bolsas de roupa sucia, traballo que correspondía á concesionaria da limpeza "desde a apertura do centro sanitario".
Escribe o teu comentario