Rostros de incerteza pero sobre todo de alivio e felicidade na proba piloto que empezou este luns en Santiago. A partir do luns empeza a vacinación en todo o país ao primeiro grupo de idade do plan de vacinación.
A pesar de considerala "unha boa noticia", a plataforma lamenta que o cesamento do xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo, Félix Rubial, chegue tan tarde.
As TCAE buscan defender "a súa dignidade como traballadoras", rexeitar o "modelo de xestión" do hospital e mostrar que están "dispostas a loitar polos seus postos de traballo" e por unha sanidade "pública e de calidade", segundo explica a representación do persoal.
CESM Galicia entende que houbo "unha malversación de diñeiro público, ao subcontratar e gastar innecesariamente esa cantidade de diñeiro en senllas empresas privadas". Calculan que a xerencia "malgastou" máis de 300.000€ cando xa existía un gabinete de comunicación propio.