O Sergas gasta máis de 300.000 euros nun gabinete de comunicación privado mentres mantén o público

CESM Galicia entende que houbo "unha malversación de diñeiro público, ao subcontratar e gastar innecesariamente esa cantidade de diñeiro en senllas empresas privadas". Calculan que a xerencia "malgastou" máis de 300.000€ cando xa existía un gabinete de comunicación propio.


|

  • O hospital dispón "desde hai máis de 20 anos" un gabinete de comunicación propio, como recolle a denuncia interposta por CESM, cun xornalista responsable "coa súa praza en propiedade no Sergas como técnico grupo A"
  • Acusan aos xerentes de "trato de favor" para "controlar así as actividades de propaganda


Salga de espera do Sergas


A Delegación da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) denunciou aos xerentes da EOXI Pontevedra-Salnés, J.M.G.A. e J.R.G.F., por un presunto delito de malversación


Os xerentes foron acusados de duplicar os servizos de comunicación do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) desde o ano 2009 ata a actualidade. "Estas contratacións obedecen unicamente a un trato de favor cara a unha persoa afín ao partido político do xerente, para así controlar as actividades de propaganda", declarou a organización sanitaria. 


Segundo o sindicato, en decembro de 2009, sete meses despois da incorporación do xerente J.M.G.A., adxudicouse mediante procedemento negociado -método polo cal se outorga un contrato público a un licitador elixido polo órgano de contratación- un "Servizo de xestión integral da comunicación corporativa do CHOP" á empresa privada TEKLA comunicación S.L., por un importe de 67.048€


O hospital dispón "desde hai máis de 20 anos" un gabinete de comunicación propio, como recolle a denuncia interposta por CESM, cun xornalista responsable "coa súa praza en propiedade no Sergas como técnico grupo A". A agrupación de médicos denuncia que as presuntas irregularidades inícianse entón, porque o xerente decide manter os dous gabinetes ao mesmo tempo


A empresa adxudicataria asignou a S.M.L.A. como responsable de comunicación. "Este contrato mantívose ininterrompidamente ata agosto de 2013", explica a organización, cando baixo o mando do mesmo xerente volveu adxudicar á mesma empresa o servizo por un importe anual de 36.140,28€


En agosto de 2014, S.M.L.A rexistra a empresa LARANGO comunicación S.L., á que se lle adxudica o "Servizo de xestión integral da comunicación corporativa" en novembro de 2014 por un importe anual de 25.894€, sempre segundo CESM. A adxudicataria repetiría a concesión en novembro de 2016 por un importe anual de 29.520€.


Tras o cesamento do xerente J.M.G.A., incorporouse á xerencia do EOXI Pontevedra-Salnés J.R.G.F, quen, segundo fai constar o sindicato na súa denuncia, o pasado mes de novembro prorrogou o contrato á empresa ata hoxe, "mantendo así a duplicidade de gabinetes de comunicación". 


CESM Galicia entende que houbo "unha malversación de diñeiro público, ao subcontratar e gastar innecesariamente esa cantidade de diñeiro en senllas empresas privadas". Calculan que a xerencia "malgastou" máis de 300.000€ cando xa existía un gabinete de comunicación propio. 


O SERGAS

Fronte á denuncia do sindicato médico CESM, fontes da Consellería de Sanidade han explicadoque sobre o servizo de comunicación do CHOP "non existe ningunha duplicidade", xa que se trata dunha "contratación de apoio técnico para o reforzo do departamento de comunicación da Estrutura de Xestión Integrada (EOXI) de Pontevedra" que "cumpre todos os requisitos legais".

Neste sentido, a Administración sanitaria ha subliñado que "a contratación deste reforzo que complementa ao servizo de prensa remóntase a 2007, durante a etapa do bipartito, cando se realizou por un importe que duplicaba o actual".

Deste xeito, Sanidade concretou que en 2007 "convocouse un concurso público con trámite de urxencia cun orzamento de 75.600 euros anuais". "Só se recibiu a oferta da empresa Tekla Comunicación de 69.600 euros anuais. Iniciouse en xuño de 2007", puntualizou.

Con todo, as mesmas fontes da Administración sanitaria galega lembraron que a "última contratación é de outubro de 2016, cunha duración de 12 meses e prórroga por outro ano máis". Neste caso, matizou, a contratación realizouse a través de procedemento negociado por un importe de 30.000 euros, "de acordo coa Lei de Contratación do Sector Público en vigor nesa data" que, asegura, "contemplaba ese procedemento para contías inferiores a 60.000 euros para contratos e servizos".

Así, convidouse "" a catro empresas do sector, segundo relata Sanidade, "e só se recibiron dúas ofertas". "O contrato do servizo foi adxudicado a a oferta máis vantaxosa formulada por Larango Comunicación por un importe de 29.530 euros anuais (IVE incluído)", concluíu.

Sanidade lembra que a EOXI de Pontevedra "dá cobertura a tres hospitais e 46 centros de saúde que atenden a unha poboación de referencia de case 300.000 habitantes". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE