O 32% das galegas con psicose ou esquizofrenia cre que o tratamento médico "chegou tarde"

Posicionamiento por la implementación de programas de intervención temprana en Psicosis, elaborado polos principais organismos de saúde mental de España, recolle 17 medidas para mellorar "a detección e a atención temperá" deste transtorno. 


|

Medicodoctorconsulta


En Galicia, 81.250 persoas padecen psicoses e 27.083, esquizofrenia. Con motivo do Día Mundial da Esquizofrenia, que ten lugar este xoves 24 de maio, entidades de saúde mental españolas uníronse para demandar máis recursos "para redefinir a abordaxe da psicose" á Administración. 


Posicionamiento por la implementación de programas de intervención temprana en Psicosis , elaborado polos principais organismos de saúde mental de España, recolle 17 medidas para mellorar "a detección e a atención temperá" deste trastorno. O obxectivo é mellorar o prognóstico e "asegurar unha mellora na calidade de vida" das persoas que o sofren, segundo fixeron público nun comunicado. 


As promotoras do documento sinalan a importancia, baseada en "os datos dispoñibles", da intervención temperá para mellorar "o prognóstico clínico e funcional". Segundo os datos achegados no comunicado, o 32% das galegas con psicoses ou esquizofrenia e a súa contorna cre que o tratamento médico "chegou tarde", segundo recolle o estudo Proyecto VOZ con enquisas a máis de 5.200 persoas. 


A psicose, informa o colectivo de entidades de saúde mental, empeza habitualmente entre os 15 e os 30 anos, e "limita notablemente as oportunidades para lograr unha cualificación laboral e, en consecuencia, para obter un emprego estable e de calidade. E é que, expoñen, as persoas con psicoses "teñen taxas de desemprego sete veces superiores á poboación xeral". 


Segundo un informe da Federación Europea de Asociacións de Persoas con Enfermidade Mental (EUFAMI) en Europa as familias coidan das persoas con trastornos mentais graves, como a psicose, "durante unha media de 16 anos", aínda que, segundo referencian no comunicado, "en moitos casos fano para sempre". En consecuencia, o Proyecto VOZ conclúe que o estado de saúde das coidadoras "é igual de malo que o das persoas con esquizofrenia"



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE