ASMIG insta aos sindicatos a concretar as súas propostas para a negociación da carreira profesional
ASMIG sostén que ningunha organización "adiantou ata o momento a súa postura ou estratexia" sobre a negocición, "vital para a defensa dos intereses salariais" das profesionais médicas da atención primaria.
A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (ASMIG) pediu aos sindicatos que concreten as súas propostas sobre a carreira profesional para as negociacións co Sergas que darán comezo este mes de xuño.
Fixérono a través dun comunicado, onde sosteñen que ningunha organización "adiantou ata o momento a súa postura ou estratexia" sobre a negociación, "vital para a defensa dos intereses salariais" das profesionais médicas da atención primaria.
De cara ao mes entrante, ASMIG insta os sindicatos a concretar as súas posturas e definirse "claramente" sobre a "posible" convocatoria dunha folga sanitaria "no caso de que a carreira profesional véxase limitada ao persoal fixo".
Ademais, a asociación solicita que todas as reunións da Mesa Sectorial se graven en vídeo e se colguen na web do Sergas, "para que todo o persoal representado obrigatoriamente polos sindicatos poida comprobar o que defende efectivamente cada central e facer se unha idea do nnivel de compromiso de cada organización co persoal interino e temporal", segundo declararon no escrito publicado este mércores.
Escribe o teu comentario