Asmig

ASMIG reclama a nulidade do cesamento de numerosos médicos temporais

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (ASMIG) pediu a nulidade da aplicación de Concurso de Traslados Permanente, que desde a súa posta en vigor provocou o cesamento de numerosos médicos con contratos interinos ou temporais. Esta situación levou ao colectivo de facultativos a presentar un recurso contra os devanditos cesamentos.

Critican que o tribunal das oposicións do SERGAS favorece a certos médicos

O sindicato ASMIG denuncia que "o tribunal da OPE está dominado por SEMFYC", a Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria. Na súa opinión, isto desvirtúa a limpeza do proceso favorecendo aos médicos que se sacaron o MIR.

ASMIG denuncia a precariedade á que se enfrontan moitos profesionais da sanidade

A plataforma acusa o ministro Vázquez Almuíña de dar crifras que están "moi ejos da realidade".

Un ano de espera para unha ecografía polo SERGAS

Desde ASMIG lamentan que isto non fixo máis que empeorar nos últimos anos, e que dous anos atrás a mesma asociación denunciou esta mesma situación cando o tempo de espera era de dez meses.

ASMIG acusa ao Sergas de chantajear ao persoal temporal coa carreira profesional

O Sergas "tenta utilizar o cobro da CP para obrigar aos temporais para integrarse voluntariamente no novo proceso de funcionarización que decidiu impulsar no seu propio beneficio"

"A falta de médicos ten solución"

Consideran que unha política baseada nos recortes e a "túzara negativa" do Sergas para estender a CP "non pode ser atractiva" para as e os médicos

Kits de adrenalina como resposta ás picaduras de velutina

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (ASMIG) insta ao Sergas para enviar kits de adrenalina aos centros de saúde para afrontar as picaduras de avispas asiáticas.

Protesta porque a nova carreira profesional do SERGAS divide entre “médicos de primeira e médicos de segunda”


Xorde unha voz crítica co acordo que todos os sindicatos asinaron coa Xunta para a nova carreira sindical no SERGAS. É a da Asociación de Médicos Interinos de Galicia, que argumenta que o pacto deixa fóra ao persoal precario.

​Alertan de máis agresións ao persoal sanitario e piden que a Xunta tome medidas reais


Fronte a “política escaparate á que tan afeccionados son os xerarcas do Sergas”, ASMIG reclama asistencia xurídica para todos os agredidos.

Médicos Interinos reclaman unha equiparación de condicións con Murcia

ASMIG enviou unha petición telemática ao conselleiro de Sanidade para que se adopten as últimas medidas aplicadas en Murcia para profesionais maiores de 55 anos.

ASMIG insta aos sindicatos a concretar as súas propostas para a negociación da carreira profesional

ASMIG sostén que ningunha organización "adiantou ata o momento a súa postura ou estratexia" sobre a negocición, "vital para a defensa dos intereses salariais" das profesionais médicas da atención primaria.

ASMIG denuncia sobrecarga de consultas de atención primaria por fallos informáticos

A Asociación de Médicos Interinos esixe que se solucione o problema canto antes, ante o cal "o Sergas parece facer a vista gorda".  

Un estudo de ASMIG demostra que Galicia non é lugar para interinos de longa duración

A diferenza doutras Comunidades Autónomas, o Sergas non compensa aos interinos nos seus dereitos salariais e laborais.

​"Un de cada tres médicos de atención primaria traballa en precario"

Médicos interinos denuncian "unha sensación crecente de indignación de difícil arranxo".

Denuncian que o Sergas lles nega os informes médicos a pacientes que solicitan a alta voluntaria

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia presenta unha queixa formal ao Valedor do Pobo.

Denuncian que o propio Sergas envía a médicos a operar a centros privados

ASMIG critica "unha flexibilidade nunca vista para potenciar centros concertados en detrimento dos públicos".

Asmig denuncia ao Sergas pola “discriminación” dos profesionais máis veteranos

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia critica ao sindicato CESM-OMEGA por causar esta situación.

Médicos interinos piden "a máxima pena" para o acusado de agredir a un doutor en Fene

Está previsto que este martes se celebre un xuízo rápido en Ferrol no que o presunto agresor enfróntase a penas de cárcere de entre un e catro anos. 

A limitación da interinidade "pode supoñer o despedimento de 4.500" profesionais sanitarios

Sanidade reitera o seu compromiso "firme" de publicar a OPE de 2017 e de negociar as súas características na mesa sectorial, ante a preocupación de ASMIG.

Asmig reclama un servizo médico permanente para Cíes e Ons durante os meses de verán

Os médicos interinos advirten que adoptarán as "medidas oportunas" no caso de que a Xunta "decida optar pola opción máis barata, pero menos seria e rigorosa". 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress