Kits de adrenalina como resposta ás picaduras de velutina

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (ASMIG) insta ao Sergas para enviar kits de adrenalina aos centros de saúde para afrontar as picaduras de avispas asiáticas.


|

Velutina


A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (ASMIG) insta ao Sergas a enviar kits de adrenalina aos centros de saúde para afrontar as picaduras de avispas asiáticas.


Ante a proliferación de casos de atención de urxencias por avispa velutina, a asociación considera que o Servizo Galego de Saúde debe ofrecer "unha rápida resposta". Así, propoñen "dotar de inmediato" aos centros de kits individuais para o tratamento das picaduras. 


Na actualidade, segundo explica ASMIG nun comunicado, os centros de saúde dispoñen de bochas de adrenalina de 1 mg/m, "polo que, en caso de urxencia vital, habería que buscar a bocha, cargala e coñecer a dose exacta a aplicar". Desde a asociación instan ao Sergas para adquirir os envases individuais, preparados para nenas e nenos menores de 30 quilogramos (150 mcg) ou para persoas de maior peso (300mg). 


ASMIG destaca "o baixo custo dos devanditos kits individuais e a comodidade para a súa rápida aplicación", que poderían ser de vital importancia "dada a alarma social e os casos de morte que, por desgraza, xa acaeceron nos últimos días".


Concretamente, desde que empezou o ano houbo tres mortes en Galicia pola picadura de avispa velutina. A Asociación de Médicos Interinos aproveitou o escrito para transmitir "o firme compromiso dos médicos de Galicia na defensa dunha sanidade pública de calidade" tras a morte dun paciente na Estrada. "Por iso, non se regatearán esforzos á hora de transmitir á opinión pública as peticións que se consideran máis apropiadas para a mellora dun servizo cuxa exposición aos recortes non pode nin debe continuar por máis tempo", sentencian. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE