Médicos denuncian que o SERGAS presiona a pacientes para que se operen na privada

Unha sería que os pacientes que rexeitan operarse nos hospitais privados -que para grandes intervencións teñen peores medios con carácter xeral- son borrados das listas de espera a efectos estatísticos, reducindo así a Xunta os tempos de agarda de maneira ficticia.Segundo ASMIG, a Xunta pon como escusa que non hai quirófanos suficientes nos hospitais públicos.


|

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia alerta que de "presións" do SERGAS a pacientes cirúrxicos para que acepten operarse en hospitais privados. "O sistema sanitario ofrece aos pacientes candidatos a unha intervención cirúrxica un importante acortamiento da lista de espera se acceden a operarse na sanidade privada", asegura ASMIG nun comunicado.


Como exemplo pon Traumotolxgía, onde unha operación na privada pode realizarse aos catro meses fronte a "un ano ou máis" de espera no SERGAS. 


Hai que lembrar que outros colectivos denunciaron as consecuencias de tales prácticas. Unha sería que os pacientes que rexeitan operarse nos hospitais privados -que para grandes intervencións teñen peores medios con carácter xeral- son borrados das listas de espera a efectos estatísticos, reducindo así a Xunta os tempos de agarda de maneira ficticia.


Segundo ASMIG, a Xunta pon como escusa que non hai quirófanos suficientes nos hospitais públicos. "Programar operacións sen ter absoluta seguridade de que estas intervencións van poder efectuarse no Sergas constitúe unha práctica encuberta, pero descarada, de privatizar cada día en maior medida as prestacións ás que os usuarios do sistema teñen dereito", engade.


O SERGAS non respondeu por agora a estas acusacións. ASMIG só cita un hospital privario como beneficiario destas prácticas, o Hospital San Rafael  da Coruña.


Hospital san rafael coruu00f1a google
Entrada do Hospital San Rafael na Coruña | Google Street View

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE