Médicos Interinos reclaman unha equiparación de condicións con Murcia

ASMIG enviou unha petición telemática ao conselleiro de Sanidade para que se adopten as últimas medidas aplicadas en Murcia para profesionais maiores de 55 anos.


|


Consultamedico

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (ASMIG) enviou una unha petición telemática ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, para solicitar o blindaxe nas listas de contratación para maiores de 55 anos con polo menos 20 anos de servizos prestados, unha medida adoptada en Murcia hai dous meses. 


A asociación solicita a equiparación con Murcia "unicamente" en materia de consolidación de emprego temporal. "Esta reivindicación é de xeito evidente de rigorosa xustiza e non debe ser considerada baixo ningún concepto como un privilexio, senón como unha restitución duns niveis mínimos de dignidade profesional", declaran nun comunicado.


As melloras aplicadas na a rexión de Murcia inclúen un cambio no cómputo da experiencia profesional, que pasa de 5 a 7 puntos. Segundo ASMIG, en Galicia "a Mesa Sectorial ha mantido desde sempre un sepulcral silencio sobre esta cuestión prioritaria, que castiga sistematicamente ao persoal de máis experiencia, cada día máis a mercé dos vaivéns das listas", expoñen. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE