ASMIG denuncia sobrecarga de consultas de atención primaria por fallos informáticos

A Asociación de Médicos Interinos esixe que se solucione o problema canto antes, ante o cal "o Sergas parece facer a vista gorda".  


|

Médicos en consulta de Atención Primaria


A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (ASMIG) denunciou a sobrecarga de consultas de atención primaria por fallos informáticos, segundo fixo público nun comunicado. 


Médicos de Familia "informan de que cada día téñense que atender a máis pacientes que non foron incluídos nas listaxes de consultas polo sistema informático", declara a asociación. A causa son os erros que presenta, segundo contan, a aplicación telemática para pedir cita previa por Internet. "Estas citas previas non son atendidas en ningún caso por persoal cualificado, senón mediante un sistema automático que asigna as citas", denuncian, "pero non as volva nas listas das consultas diarias". 


Os fallos levaron a "casos de duplicidade de citas para dous pacientes á mesma hora" , algo que afecta directamente ás usuarias e ás profesionais da atención primaria, que, segundo ASMIG, "con demasiada frecuencia teñen que atender a máis pacientes que os inicialmente programados". 


A Asociación de Médicos Interinos esixe que se solucione o problema canto antes, ante o cal "o Sergas parece facer a vista gorda". 

relacionada PSdeG propón a contratación por Lei de persoal cando as esperas de sanidade superen o límite legal
relacionada Persoal dos PAC de toda Galicia maniféstanse pola igualdade nos permisos remunerados

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE