PSdeG propón a contratación por Lei de persoal cando as esperas de sanidade superen o límite legal

O portavoz de Sanidade socialista, Julio Torrado, acusou á Xunta de utilizar as listas de espera para "aumentar a sanidade privada, en lugar de reforzar o sistema público". 


|

Juliotorrado



O PSdeG-PSOE presentou unha proposición de Lei para obrigar ao goberno para "contratar máis persoal cando as esperas [en sanidade] superen o límite fixado por Lei". O portavoz de Sanidade socialista, Julio Torrado, acusou á Xunta de utilizar as listas de espera para "aumentar a sanidade privada, en lugar de reforzar o sistema público". 


A Lei de Garantías, explicou o portavoz, establece un máximo de 45 días de espera de consulta externa e para as probas diagnósticas, e 60 días para cirurxía. "Se a Lei marca un tempo máximo e a realidade di que o estamos superando, iso debería implicar contratar máis persoal para liquidar o problema", puntualizou. 


Torrado denunciou o "escurantismo" do goberno autonómico, "que evitou ata o último momento cumprir coa obrigación legal de enviar un informe sobre o grao de cumprimento das listas de espera", e pediu ao goberno que publique "os tempos de espera en sanidade cada 3 meses en lugar de 6 que fixa actualmente". 

relacionada Persoal dos PAC de toda Galicia maniféstanse pola igualdade nos permisos remunerados
relacionada Vázquez Almuíña responde que as derivacións de pacientes infartados corresponden ao 061

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE