ASMIG solicita ao goberno de Portugal que actúe contra a oferta do SERGAS

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia mandou unha petición á embaixada de Portugal en España para que “reaccione ante a oferta do SERGAS”, que contrata a médicos de familia e pediatras portugueses dobrándolles o soldo.


|

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia mandou unha petición á embaixada de Portugal en España para que “reaccione ante a oferta do SERGAS”, que contrata a médicos de familia e pediatras portugueses dobrándolles o soldo.


Medicos de familia medicos doutores


Así, ASMIG anuncia que “rexeita a nova modalidade de contratos do SERGAS, que unicamente pretende empeorar as condicións laborais dos médicos de primaria”, tachando a oferta de “enganosa” e situándoa “no límite do dumping”. Ademais, advirte de que está práctica “supoñerá de feito unha OPA hostil contra a sanidade portuguesa, o que podería desencadear incluso un conflito diplomático de consecuencias pouco previsibles”.


Predicar que se van a mellorar as condicións salariais dos médicos portugueses á conta de atacar as dos españois é un exercicio torticero que precarizará ata extremos descoñecidos a situación dos médicos de primaria do SERGAS”, lamenta a asociación.


ESCRITO Á EMBAIXADA LUSA

Desta forma, no comunicado sinalan que estas contratacións “delatan unha miseria moral sen parangón e un novo fito no avance da insustentable posición dos médicos temporais e interinos”. “O SERGAS mantén bloqueadas as listas de contratacións, enviando unha mensaxe clarísimo aos profesionais galegos en paro, consistente en que quen non acepten as novas condicións leoninas quedarán fóra do emprego público a perpetuidad e sen posibilidade algunha de solución a curto e medio prazo”, lamenta a nota.



Ptttt

Correo de ASMIG á embaixada de Portugal


Por estes motivos, ASMIG insta os sindicatos a “denunciar” o pacto de contratacións e acúsaos de ser “cómplices dun xenocidio laboral intolerable”. De igual maneira, anuncian que enviaron un escrito á embaixada portuguesa en España “para que o Goberno portugués presente unha queixa formal ante o español polos negativos efectos que esta estratexia do SERGAS podería causar no sistema público sanitario do país veciño”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE