Asmig denuncia ao Sergas pola “discriminación” dos profesionais máis veteranos

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia critica ao sindicato CESM-OMEGA por causar esta situación.


|


MedicosSergas


A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (Asmig) denuncia que "os médicos que atesouran máis experiencia profesional reciben en Galicia un trato discriminatorio por parte do Sergas". Mediante un comunicado, Asmig lamenta que en Galicia “os médicos galegos son os últimos da fila á hora de que os seus moitos anos de servizos, entrega e dedicación reciban o recoñecemento que se merece” a diferenza de “outras once comunidades”.


Sobre isto, a asociación lembra que o Sergas e os sindicatos “son quen negocia estes asuntos na Mesa Sectorial, que ata o momento fixo oídos xordos aos repetidos requirimentos realizados por esta asociación para que se reconducise unha situación de xeito evidente inxusta e arbitraria". Esta situación, que catalogan como “surrealista” veu propiciada segundo Asmig por “CESM-OMEGA, sindicato cuxo único interese é favorecer os intereses dos MIR, aínda que sexa á conta de pasar por encima doutros profesionais cuxa dilatada experiencia e dedicación parece importarlles ben pouco fronte aos seus raquíticos intereses electorais",


"Mentres os demais sindicatos báilanlle a auga a CESM-OMEGA e deixan nas súas mans calquera iniciativa referida aos baremos aplicados nas listaxes de contratación, os médicos sen titulación MIR teñen que asistir ano tras ano a unha progresiva e preocupante perda de posicións no acceso ao emprego público", apunta Asmig. De eta forma, a plataforma critica o modelo do sindicato CESM-OMEGA, que atenta contra a consolidación do emprego público.


"Os datos non deixan lugar a dúbidas e fan saltar todas as alarmas. Mentres o Sergas barema unicamente 12 anos de servizos prestados, en Cantabria recoñécense ata 25 e noutras comunidades, como Aragón, Rioxa e Asturias, non existe límite máximo e a actualización é constante", denuncia Asmig, que tamén indica que "a media das cifras obtidas alcanza 20,5 anos o que, de aplicarse en Galicia, permitiría mellorar a posición dos médicos máis veteranos".


"Os profesionais máis veteranos non merecen estar en situación inestable e de clara inferioridade de condicións laborais, sen que se lles recoñeza unha traxectoria intachable que lles permita afrontar os seus últimos anos de vida laboral sen necesidade de seguir permanentemente na o arame da inestabilidade laboral, profesional e social" lamenta o comunicado e Asmig.

relacionada A área sanitaria de Vigo castiga os pacientes que piden o cambio de hospital
relacionada Traballadores do hospital concertado Povisa denuncian no Sergas escaseza de persoal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE