Traballadores do hospital concertado Povisa denuncian no Sergas escaseza de persoal

'Ocuparon' as dependencias administrativas ao non recibir resposta ás súas queixas por parte do ente público.


|

SergasvigopovisaProtesta ante as dependencias do Sergas.

Membros do comité de empresa do Hospital Povisa ocuparon este venres as dependencias administrativas do Servizo Galego de Saúde (Sergas) en Vigo para denunciar "a escaseza de persoal" no centro sanitario e a falta de resposta do organismo aos escritos que remitiron hai un mes para trasladar esta situación e informar sobre as súas consecuencias negativas.


Entre as once e a unha da tarde deste venres, estes traballadores permaneceron no interior do edificio, onde cantaron consignas como 'Povisa culpable, Sergas responsable' e 'en Povisa, falta persoal'; e onde mostraron a pancarta 'Polo mantemento dos postos de traballo. Povisa/Sergas solución".


Durante a protesta solicitaron reunirse cos responsables autonómicos, pero non o conseguiron "porque supostamente ningún deles se atopaba neses momentos no edificio", comunicou a CIG, que avanzou que os traballadores prevén iniciar novas mobilizacións nos próximos días e ata que o Sergas lles responda.


O persoal denuncia que "a escaseza" de empregados, as "reducións de xornada" e o "establecemento dunhas horas mortas nas que se reducen" os traballadores, está a provocar "incidencias en todas as plantas do centro e afecta negativamente á atención sanitaria".


"Danse casos nos que unha soa persoa ten que atender dous controis e facer cambios posturais, que ás veces quedan sen facer; departamentos coma o de queimados contan cun único enfermeiro por quenda; e en urxencias hai un celador". "Insuficiente para atender o traballo", selaron.


relacionada Aumenta a espera media para operarse e para a primeira consulta
relacionada Povisa modifica os seus protocolos na UCI sobre a atención aos usuarios e familiares

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE