​Alertan de máis agresións ao persoal sanitario e piden que a Xunta tome medidas reais


Fronte a “política escaparate á que tan afeccionados son os xerarcas do Sergas”, ASMIG reclama asistencia xurídica para todos os agredidos.


|

Fronte a “política escaparate á que tan afeccionados son os xerarcas do Sergas”, ASMIG reclama asistencia xurídica para todos os agredidos.



Agresion sanitaria


A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (ASMIG) denuncia que as agresións ao persoal sanitario cuadriplícanse en Galicia. Fano tirando de cifras oficiais, do Ministerio de Sanidade, que indican que a taxa de agresións en Galicia en tan só un ano (2016-2017) pasou do 0,22 ao 0,94.


Ante esta situación, o colectivo cre que a figura do interlocutor -creada pola Xunta para abordar este problema- non foi máis que unha nova demostración da “política escaparate á que tan afeccionados son os xerarcas do Sergas, xa que carece de calquera aplicación práctica”.


A queixa pública prodúcese un día despois de que se coñecese que un médico de Toledo foi agredido cunha barra de ferro, quedando en estado crítico. ASMIG lembra que o 65 por cento dos médicos españois aseguran ser agredidos no exercicio da súa profesión. A asociación esixe á Xunta que dea asistencia legal, a través da Asesoría Xurídica do Sergas, a todos os que se atreven a denunciar estes casos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE