ASMIG acusa ao Sergas de chantajear ao persoal temporal coa carreira profesional

O Sergas "tenta utilizar o cobro da CP para obrigar aos temporais para integrarse voluntariamente no novo proceso de funcionarización que decidiu impulsar no seu propio beneficio"


|

Médicos en consulta de Atención Primaria


A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (ASMIG) remitiu un comunicado aos medios no que acusa a o Sergas de chantajear ao persoal temporal coa carreira profesional (CP). Segundo explican, o Servizo Galego de Saúde dividiu ao persoal médico de atención primaria en tres categorías, en función de se cobran ou non e en que condicións a carreira profesional. 


O persoal temporal, continúan, non pode acceder á CP, mentres que o interino si. Ante isto, o Sergas "tenta utilizar o cobro da CP para obrigar aos temporais para integrarse voluntariamente no novo proceso de funcionarización que decidiu impulsar no seu propio beneficio". ASMIG denuncia que a "táctica do Sergas" permitirá que unha persoa interina con menos dun ano de permanencia nunha praza vacante terá acceso ao grao inicial da carreira, "o que non sucederá cun temporal con oito ou nove trienios de servizos prestados". 


Esta "terrible e inmoral discriminación", entende ASMIG, leva a cabo coa intención de "domar ao colectivo de temporais" para que "renuncien" a accións legais que "revertan en sentenzas como a TSXG 348/2018". 


O proceso que denuncia a Asociación de Médicos Interinos é a transformación de contratos temporais estatutarios en indefinidos non fixos -funcionarización segundo o Sergas-, que levaría, segundo considera ASMIG, ao fin do actual sistema de listas de contratación temporal cun reingreso automático e con indemnizacións de ata 20 euros por mes traballado por un sistema de "pura e simple contratación laboral temporal xeral". 


"Para iso contan coa inestimable axuda dun poder xudicial sumiso e obediente", recrimina ASMIG, que lonxe de considerar que a transformación de prazas temporais en indefinidas non fixas ou interinas supoña unha vantaxe para as e os profesionais, cren que "beneficia única e exclusivamente ao Sergas, porque agudizará a precariedade e fomentará a discrecionalidad no acceso ao mercado laboral". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE