A Marea Branca toma Coruña este domingo e pon o foco nos gobernos locais

Lamentan que desde as Administracións locais empreguen "todo o poder que teñen" en "limitarse" a propoñer mocións e resolucións institucionais "que non chegan a ningún porto fóra das catro paredes do concello" 


|

Marea branca coordinadora antiprivatizacion sanidade


Como cada terceiro domingo do mes, a Marea Branca toma as rúas na Coruña. A Coordinadora Antiprivatización dá Sanidade Pública, integrada por 13 colectivos e organizacións, convoca este domingo 15 de xullo ás 12.30h unha mobilización no Obelisco


Desde a Coordinadora buscan implicar aos concellos na loita pola sanidade pública. "Esta medida que afecta a veciñanza, non é responsabilidade dos gobernos dos concellos?", pregúntanse nun comunicado. Lamentan que desde as Administracións locais empreguen "todo o poder que teñen" en "limitarse" a propoñer mocións e resolucións institucionais "que non chegan a ningún porto fóra das catro paredes do concello". 


"Seica a sanidade, que é un dereito, non é tan importante como poñer un xardín ou plantar unha árbore?". Fan referencia aos programas electorais, onde figuran melloras como orzamentos participativos, subvencións a festas en aldeas, etc, pero sen falar de sanidade. Desde a Coordinadora consideran que "ten que defenderse porque a saúde, que é do que se trata cando se fala de sanidade, é o máis importante para as persoas". 


A Marea Branca convida a gobernantes e oposición a participar activamente na loita pola sanidade pública, que "enchan o pobo de persoas que se fagan escoitar ante esta Xunta do PP que nos está roubando un dereito fundamental"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE