"Non podemos formar a 10.000 médicos e convocar 6.000 prazas de especialistas"

O decano da facultade de Medicina da USC, Julián Álvarez, criticou a política da Xunta en materia de contratación de persoal sanitario


|


Julian alvarez decano medicina usc

O decano da facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, Julián Álvarez, criticou a política da Xunta en materia de contratación de persoal sanitario. Fíxoo nunha entrevista a Radio Galicia - Cadea Ser recollida por Galiciapress, onde asegurou que o problema non é a falta de médicos, senón que o número de prazas e as condicións "non son moi atractivas".



Álvarez defendeu que a relación entre o número de persoas graduadas e a oferta de traballo non ten que ser "matemática", pero si "harmónica" ."Non podemos formar 10.000 médicos e convocar 6.000 prazas", declarou o decano. Así mesmo, criticou que non aumenten as prazas en especialidades onde se necesitan e que si se faga noutras onde "che están dicindo que non hai demanda nos hospitais".


Para o decano, a relación entre educación e sanidade é imprescindible. "Educación forma médicos, sanidade forma especialistas. Debemos harmonizalo", dixo. Álvarez afirmou que a bolsa de médicas e médicos que se atopan en paro achégase aos 10.000, e o problema identifícao na falta de adecuación da formación á demanda.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE