O PortAmérica avanza parte do seu cartel: Homes G, M-Clan, Sexy Zebras, Nena Polaca, Mariña Reche...

O festival recibirá na Azucareira de Portas a algunhas das formacións máis relevantes do panorama nacional.


|

WhatsApp Image 2025 11 26 at 13.25.45
Homes G, M-Clan, Nena Polaca, Sexy Zebras e Mariña Reche

 

Como non podía ser doutra forma, a programación do Festival PortAmérica está xa no forno. Medido todo á perfección, cucharada a cucharada, un dos eventos do ano na comunidade galega se concina a lume lento, coa previsión de que todo resulte a gusto do consumidor e conquiste os padais máis exquisitos. Así, na Azucareira de Portas xa traballan para recibir a algunhas das bandas máis importantes do panorama nacional e internacional, con especial atención a todos eses artistas da comunidade que atopan no seu escenario un trampolín para abrir a un público diverso que busca o eclecticismo propio da cita que terá lugar do 9 ao 11 de xullo de 2026 en Portas.

 

 

TERCEIRA QUENDA

Tras anunciar a Grande Amore, Eladio e Os Seres Queridos e The Rapants como primeiras incorporacións á festa, inmediatamente sumáronse despois Rigoberta Bandini, Sanguijuelas do Guadiana e Nortec: Bostich + Fussible con toda a banda ao completo. Agora, unha terceira onda deixa ás claras que a aposta para esta nova edición vai pegar moi forte o próximo verán.

 

 

O primeiro golpe é unha chamada á nostalxia con Homes G, lendas do pop-rock nacional que seguen dando moito que falar cun concerto que será unico na provincia pontevedresa en 2026, e M-Clan, formación que se gañou un lugar no olimpo da escena estatal. 

 

Ben flanqueadas estarán estas dúas bandas por Sexy Zebras ou Nena Polacas, bandas madrileñas que hoxe son demandadas en todo o territorio e que se descubriron como as favoritas do gran público. Mariña Reche, Afasto ou Hey Kid, a pesar dos seus incipientes pasos, confirmáronse como algunhas de lasúltimas revelacións da escena española, e chegan a portas co obxectivo de romper moldes con descaro e talento a partes iguais.

 

PA26 PrimerasConfirmaciones Feed

 

A falta de coñecer outras cabezas de cartel e máis confirmacións, o PortAmérica tampouco descubriu as estrelas dos fogóns que comporán esta edición na súa ShowRocking. Por agora, o ritmo de venda non pode ir máis vento en popa, pois na primeira remesa saíron voando 10.000 boletos, quedando patente a fidelidade dos incondicionais portaméricanos. 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE