O Sindicato de Enfermería condena a 'normalización' do peche de camas no verán

"Esta deción supón sobrecarga asistencial para unhas profesionais xa en mínimos, precariedade innecesaria nas unidades e falta de sensibilidade", subliña o sindicato. 


|

ColapsoChuacChus


O Sindicato de Enfermería SATSE en Coruña denuncia o peche sistemático de camas no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña no período estival. A organización emitiu un comunicado de condena ante o peche total ou parcial dalgunhas unidades, e "todo o que iso leva". 


Desde o sindicato advirten que o peche de camas afecta a profesionais de enfermería, así como ao resto do persoal sanitario e ás e os pacientes, que sufrirán "sen necesidade unha diminución na calidade asistencial". 


"Esta deción supón sobrecarga asistencial para unhas profesionais xa en mínimos, precariedade innecesaria nas unidades e falta de sensibilidade", subliña o sindicato. Expoñen que o peche de camas do CHUAC deixa a "unha soa enfermeira" na quenda de noite "a cargo de 14 pacientes en ou servizo tan complicado como é o Otorrino, con gran risco de sangrado e a necesidade de estar en alerta permanente". 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE