CHUAC

A maior onda de covid en Galicia do ano deixa máis de 230 hospitalizados, 71no CHUAC da Coruña

As cifras oficiais mostran unha preocupante explosión de casos de coronavirus que empeza a meter presión aos hospitais nun momento que teñen centos de camas pechadas. No que vai de ano, case 200 galegos morreron por esta enfermidade.

SERGAS indeminzará á familia da nena de 3 anos que morreu con E. coli cando lle diagnosticaron gastroenterite

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza do Xulgado do Contencioso administrativo número 1 de Santiago de Compostela que condenou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a indemnizar con 60.000 euros aos pais dunha nena de 3 anos que faleceu en 2016 na UCI pediátrica do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) debido ás complicacións dunha síndrome urémica hemolítico (SUH), gastroenterite provocada por unha bacteria, en concreto, 'E. coli'.

 

 

(VÍDEO) Un home denuncia as "inhumanas" condicións no hospital CHUAC: "Estamos metidos en salas de consultas"

"Despois de máis de dous anos con Covid, saben que hai ondas e aquí estamos metidos en salas de consultas", reclamaba no vídeo.  Fonte: Twitter Bombeiros A Coruña / Un home denuncia a situación dos pacientes no CHUAC Un home tras acompañar ao seu pai ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) decidiu publicar un vídeo en redes manifestando as "inhumanas condicións" nas que se atopan os pacientes por falta de recursos.  Segundo comunica, o seu pai ingresou á primeira hora desta mañá no CHUAC por síntomas de COVID-19.

As urxencias do hospital CHUAC da Coruña colapsan con ducias de pacientes en camas nos corredores

"A xente ingresada, e por falta de habitacións, pásanse ata tres días nun estreito e transitado corredor, á beira duns ascensores, persoas con dores, persoas maiores esperando unha operación" relata unha usuaria.

"Se te pos mal, aquí non hai persoal" alertan sanitarios do CHUAC da Coruña tras "colapso" de Urxencias (vídeo)

 A protesta de hoxe chegou ata a porta do despacho da Xerencia, onde os traballadores, algúns con roupas de traballo, entoaron cánticos, tocaron bombos e fixeron soar pitos. Posteriormente marcharon diante do Hospital da Coruña lanzando eslóganes como "se te pos mal, aquí non hai persoal".


​O Comité do CHUAC denuncia o colapso das Urxencias e falta de persoal, que nega a Xerencia

A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario da Courña (CHUAC) denuncia un novo episodio de colapso no hospital coruñés, referencia nunha área sanitaria que conta cun número crecente de casos activos pola incidencia do variante delta.

O Hospital da Coruña é o único galego entre os 20 mellores de España, segundo un estudo de EE.UU.


Segundo a investigación de Statista para Newsweek, en Galicia o mellor é o CHUAC da Coruña, no posto 17 cunha nota de 73%. O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago aparece no posto 62 cunha nota do 68% e o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo está no posto 65 cunha nota case idéntica á do CHUS. Ningún dos outros hospitais do Sergas aparecen entre os 100 primeiros de España.

​O persoal do SERGAS da Coruña pide o cesamento da Dirección de Enfermería por coerciones e precariedade

A Xunta de Persoal da EOXI herculina reclama ao SERGAS a destitución da Dirección de Enfermería, á que tachan de non ser “un interlocutor valido”.

"Colapso máximo" na UCI da Coruña con 150% de ocupación, alerta a CIG e matiza o SERGAS

A ocupación real das unidades de críticos en Galicia anda polo 92% e non polo 32% que di a Administración, segundo desvela un médico. A diferenza provén de camas en quirófanos, prequirófanos e reanimación, que o SERGAS considera UCI a pesar de non posuír de suficiente persoal ben formado para atendelas, como está a pasar agora mesmo na Coruña e Ferrol.

O virus empeza a baixar nunha A Coruña onde a metade dos convocados foron ao cribado
O cribado poboacional realizado esta fin de semana no recinto feiral ExpoCoruña detectou 14 positivos tras as probas realizadas a 4.878 persoas, dun total de 9.786 citadas, segundo informou a área sanitaria da Coruña e Cee.
"Cústanos manter cirurxías urxentes", alerta o xefe de cirurxía do Hospital da Coruña

O CHUAC, o hospital do SERGAS da Coruña, está xa ao bordo do colapso nalgúns dos seus servizos máis vitais.

Berro de auxilio do persoal de enfermería do CHUAC: "Suplicamos a vosa axuda; moita xente morrerá"
Mónica Pérez, enfermeira da planta Covid no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), cualificou de "preocupante" a situación no hospital ante o aumento de casos e, nunha mensaxe en nome do persoal de enfermería, pediu axuda a toda a poboación.
Médico da Coruña suplica por un confinamento similar ao de primavera

Cada día están a ingresar unhas 20 persoas no Chuac. Un ritmo que está a facer saltar as costuras do hospital desde hai días, alerta un dos seus médicos.

ÚLTIMA HORA: O SERGAS suspende operacións non urxentes na Coruña pola alza do coronavirus

O Hospital da Coruña suspenderá as intervencións cirúrxicas non urxentes pola tarde a partir do luns. É un intento de paliar a presión sobre o CHUAC ante a avalancha de contagios. Varias fontes sanitarias da cidade explican a Galiciapress que o SERGAS xa comunicou a suspensión a algúns profesionais. Fuentes oficiais da Xerencia da área Sanitaria confirman a este xornal que haberá suspensión de operacións non urxentes. 

O SERGAS confirmar que hai polo menos dous casos sospeitosos de pertencer á cepa británica en Galicia
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmou que o Sergas ten en estudo dous casos de positivo por covid-19 con sospeita de cepa británica.
​O SERGAS confirma que o caso sospeitoso do CHUAC non pertence á cepa británica do coronavirus

Un profesional médico do complexo hospitalario herculino confirmou para este medio que se trata dunha muller procedente do Reino Unido. Desde o CHUAC e o SERGAS recalcan que aínda se considera un caso “sospeitoso”: “Non hai confirmación. Está a ser estudado”.



O CHUAC, con seis plantas só para paciente COVID, pide á poboación que só acuda ao hospital para urxencias
Apela a facer un "bo uso" dos recursos asistenciais e a cumprir as medidas sanitarias
Estes son os informes oficiais sobre o futuro de coronavirus en Galicia e as eleccións


É seguro convocar eleccións en xullo, pouco despois de, con sorte, superar a primeira onda de coronavirus? O presidente da Xunta así o cre pero a case toda a oposición parécelle mal. En Común mesmo indica que o denunciará na Xustiza. Feijóo apoia o seu punto de vista con estes catro informes, solicitados por el, que publica Galiciapress. Un deles advirte dun pequeno rebrote agora e outro previsible e máis serio a finais de xullo. 

Garden a distancia pois o coronavirus pode rebrotar en calquera momento, advirte un especialista do SERGAS
Médicos prevén que o estudo epidemiolóxico do Sergas reflectirá que o virus circulou pouco polos poucos positivos detectados
(VÍDEOS) #MejorConMascarilla: a campaña de concienciación que protagonizan os sanitarios do CHUAC

Desde o complexo hospitalario herculino, que pertence ao área sanitaria galega máis castigada polo coronavirus, promoven o uso da máscara na desescalada. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE