​O SERGAS confirma que o caso sospeitoso do CHUAC non pertence á cepa británica do coronavirus

Un profesional médico do complexo hospitalario herculino confirmou para este medio que se trata dunha muller procedente do Reino Unido. Desde o CHUAC e o SERGAS recalcan que aínda se considera un caso “sospeitoso”: “Non hai confirmación. Está a ser estudado”.




|

Un profesional médico do complexo hospitalario herculino confirmou a  este medio que se trata dunha muller procedente do Reino Unido.


Desde o CHUAC e o SERGAS afirmaron nunha primeira chamada a Galiciapress, que se puxo en contacto cos organísmos públicos, que se consideraba un caso “sospeitoso” ao con contar con “confirmación oficial". "Está a ser estudado”, incidiu o SERGAS. Máis tarde, despois do primeiro aviso, confirmaron que no complexo coruñés "non hai ningún caso identificado".


Hospitalcorunachuac


A alerta activouse a raíz do aviso dunha fonte médica do complexo hospitalario coruñés, onde se sinalaba que a muller, de 29 anos e que permanece ingresada desde hai dous días, deu positivo na primeira análise que indicaba que se trataba da mutación da Covid-19 procedente das illas británicas. A paciente, recentemente chegada de Londres, reviste unha neumonia bilateral, segundo o testemuño desta fonte


A confirmación do SERGAS indica que, aínda que de momento non hai ningún caso confirmado en Galicia relacionado coa mutación do coronavirus, si se estudou polo menos un caso na Coruña ao ser considerado como "sospeitoso"


UNHA CEPA MÁIS PERIGOSA?

A nova cepa detectada nas illas, pola que deu o Reino Unido a voz de alarma hai unha semanas e que obrigou a cancelar parte das ligazóns aéreas con Gran Bretaña, puxo en en garda ás autoridades sanitarias do Vello Continente. Ata o de agora descoñécense moitos aspectos desta nova variación do virus, pero si se sabe que é máis contaxiosa que as demais variantes.


Doutra banda, os epidemiólogos indican que, coas evidencias actuais, nada fai indicar que  sexa máis letal nin máis resistente ás vacinas que veñen desenvolvendo ata o de agora.  


"CASOS LEVES"

Andalucía reportou esta madrugada cinco casos desta cepa referentes a cidadáns chegados do Reino Unido. Ademais, polo menos catro estaban a ser analizados e tamén eran considerados "sospeitosos". Ademais de Andalucía, a Comunidad de Madrid tamén informou de catro casos positivos o pasado sábado que estaban vinculados a esta cepa, ademais doutros tres pendentes de confirmación. 


Desde o Ministerio de Sanidade indican que as persoas procedentes das illas británicas chegaron a España cun a PCR negativa, tal e como marca a lei. Doutra banda, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, adiantou que os casos confirmados sofren unha sintomatoloxía "leve". Ademais, Illa subliña que a chegada destes casos confirmados ou que están a ser investigados ao noso país foi anterior á alerta do Goberno de Boris Johnson. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE