Os brigadistas feridos en Oímbra están graves aínda que dous evolucionan favorablemente
O mozo de 23 anos ten queimaduras de segundo grao con afectación no 15% do seu corpo. Tamén presenta como os demais intoxicación por inhalación de fume e evoluciona favorablemente con prognóstico grave.
Dous do tres brigadistas feridos en Oímbra e que sofren queimaduras de distinta consideración evolucionan favorablemente, aínda que todos están graves, segundo o último parte médico facilitado polo complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac), que non ofrecerá novos datos até o luns.
O tres están na Unidade de Queimados do centro hospitalario. No caso do máis novo, de 18 anos, ten queimaduras de terceiro grao con afectación no 40% do seu corpo. Presenta intoxicación por inhalación de fume e está estable con prognóstico moi grave.
O mozo de 23 anos ten queimaduras de segundo grao con afectación no 15% do seu corpo. Tamén presenta como os demais intoxicación por inhalación de fume e evoluciona favorablemente con prognóstico grave.
Por último, o brigadista de 25 anos ten queimaduras de segundo grao con afectación no 15% do seu corpo. Está estable con prognóstico grave.
Escribe o teu comentario