​O Comité do CHUAC denuncia o colapso das Urxencias e falta de persoal, que nega a Xerencia

A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario da Courña (CHUAC) denuncia un novo episodio de colapso no hospital coruñés, referencia nunha área sanitaria que conta cun número crecente de casos activos pola incidencia do variante delta.


|

A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario da Courña (CHUAC) denuncia un novo episodio de colapso no hospital coruñés, referencia nunha área sanitaria que conta cun número crecente de casos activos pola incidencia do variante delta.


Desde o Comité denuncian que os colapsos no hospital son “crónicos” e que están agravados polo inminente peche de camas e pola falta de persoal, algo que desde a Xerencia negan.


Colapso no chuac coruña

Un episodio anterior de colapso no CHUAC


A área da Coruña é, con 512 casos activos, a máis afectada de Galicia nestes momentos e a súa tendencia é á alza. Nunha situación tan comprometida, a Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario da Courña (CHUAC) denuncia un “novo colapso” nas Urxencias do hospital herculino. Desde a dirección do centro limitáronse a declarar que isto se debe a “un importante repunte da demanda”, talvez condicionado pola explosión de casos activos que rexistra a área coruñesa desde hai semanas e que onte detectou 34 novos positivos.


Como resposta ao colapso, os profesionais sanitarios víronse forzados a abrir un novo corredor fose do servizo de Urxencias, onde hai máis de medio centenar de pacientes “sen cama asignada”. “Está completamente colapsado”, critica a Comisión.


Lucía Peón, secretaria da Comisión, aventuraba esta mañá para RNE que a situación se agravará a medida que avance o verán e o 1 de xullo comece o peche de camas. “É insostible. Ademais de 54 pacientes sen cama, levamos semanas con déficit de persoal de enfermería. A situación é desbordante, os profesionais non poden dar a máis”, lamenta, á vez que recalca que a factura para os sanitarios é “unha carga psicolóxica e física insostible”

O Comité incide en que nestes momentos “non se pode garantir unha calidade asistencial nin de seguridade aos pacientes nestas condicións" cun problema que cualifican de “crónico”, mentres “a Xerencia continúa mirando para outro lado, é continuo o colapso de urxencias, pero segue sen poñer unha solución encima da mesa, nin sequera un plan nin para evitar que se chegue a este punto nin para solucionalo de forma áxil cando ocorre"


NIN COLAPSO CRÓNICO NIN FALTA DE PERSOAL

En cambio, a versión que ofrece o CHUAC é diametralmente distinta, negando o carácter crónico do colapso e reducíndoo a un puntual “importante repunte da demanda” e por “a obrigación de manter o dobre circuíto Covid”.


Na mesma liña, a Xerencia agrega que as Urxencias do hospital acaban de ser “obxecto dunha ampliación”, con varias salas de espera novas que entraron en funcionamento en días pasados "e nestes momentos está a terminarse un espazo central nas zonas de observación".


Doutra banda, negan a falta de persoal e subliñan que o persoal se ha “reforzado contratando a todo o persoal dispoñible nas listas de contratación”. “Está a realizarse un importante esforzo de incremento de actividade que se está facendo para recuperar a actividade atrasada pola pandemia”, sentencian.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE