O SERGAS confirmar que hai polo menos dous casos sospeitosos de pertencer á cepa británica en Galicia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmou que o Sergas ten en estudo dous casos de positivo por covid-19 con sospeita de cepa británica.

|

A pesar de que onte o SERGAS negou a información adiantada por Galiciapress, referida a unha paciente ingresada no CHUAC cuxa primeira exploración facía pensar que podería estar contaxiada coa cepa británica, hoxe o conselleiro de Sanidade avanza que hai dous casos así "en estudo" na comunidade nestes momentos. 


Julio García Comesaña declarou esta mañá ante os medios que o Servizo Galego de Saúde ten en estudo dous casos de positivo pola Covid-19, coa sospeita de que se trata da cepa británica.


Mostras para a realización de probas PCR de COVID-19, mediante o sistema de 'pooling', na área sanitaria de Vigo.

En ambos os casos, os pacientes son dúas persoas que proceden de fóra de Galicia. Ambas teñen sintomas propios de SARS-CoV-2. 


Onte pola tarde fontes do equipo médico de o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) comunicaron a este medio que unha muller de 29 anos procedente de Reino Unido permanecía ingresada desde o día 26 no hospital. Na primeira análise ao que se someteu a muller deu positivo, o que indicaba que se trataba da mutación da Covid-19 procedente das illas británicas.


A paciente, recentemente chegada de Londres, reviste unha neumonia bilateral, segundo o testemuño desta fonte. Desde o SERGAS afirmaron nunha primeira chamada a Galiciapress, que se puxo en contacto cos organísmos públicos, que se consideraba un caso “en estudo” ao non contar con confirmación oficial. "Está a ser estudado”, incidiu o SERGAS. Máis tarde, despois do primeiro aviso, insistiron desde San Caetano que no complexo coruñés "non hai ningún caso identificado". Menos de 24 horas despois, son xa dúas os casos que están baixo a lupa do SERGAS. 

UNHA CEPA MÁIS PERIGOSA?

A nova cepa detectada nas illas, pola que deu o Reino Unido a voz de alarma hai unha semanas e que obrigou a cancelar parte das ligazóns aéreas con Gran Bretaña, puxo en en garda ás autoridades sanitarias do Vello Continente. Ata o de agora descoñécense moitos aspectos desta nova variación do virus, pero si se sabe que é máis contaxiosa que as demais variantes.


Doutra banda, os epidemiólogos indican que, coas evidencias actuais, nada fai indicar que  sexa máis letal nin máis resistente ás vacinas que veñen desenvolvendo ata o de agora.  


Desde o Ministerio de Sanidade indicou este luns que todos os casos confirmados desta cepa son de persoas procedentes das illas británicas que chegaron a España cun a PCR negativa, tal e como marca a lei. Doutra banda, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, adiantou que os casos confirmados sofren unha sintomatoloxía "leve". Ademais, Illa subliñaba onte que a chegada destes casos confirmados ou que están a ser investigados ao noso país foi anterior á alerta do Goberno de Boris Johnson. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE