O Banco Mundial vén de publicar un novo informe de perspectivas económicas globais, onde a entidade refire que a pandemia volve poñer en xaque a recuperación económica, lastrada desde o estalido da crise sanitaria fai xa case dous anos. O aumento da inflación, a débeda e a desigualdade son condicionantes para esta perspectiva “sombría” dos mercados.
Doutra banda, baixa o número de afectados nas residencias para a discapacidade, onde só atopamos casos activos na residencia ferrolá Coral Seoane, que con todo conta cun importante descenso : de 25 a 18 casos nunha semana.
Os intentos do Goberno de España por evitar o desembarco no país da nova cepa, máis contaxiosa, resultaron inutiles. Os retornados de Reino Unido trouxeron consigo esta nova variante e na madrugada deste luns a Consellería de Saúde e Familias da Junta de Andalucía informou dos cinco primeiros casos confirmados na comunidade.
A segunda onda parece encarar un lixeiro declive nalgunhas comunidades autónomas. As cifras, a pesar de non ser tan terribles como nas da primeira onda especialmente no referido á presión hospitalaria, destacan sobre todo polo alto número de contaxiados, pero é no número de vítimas onde podería haber un baile nas contas.
Joaquim Segalès, investigador do Centre de Recerca de Salut Animal (IRTA-CReSA), recalca que as primeiras vacinas que saian ao mercado protexerán "contra a circunstancia clínica, non contra a infección", co que o virus seguirá colonizando corpos, pero non lles provocará ningunha enfermidade.
A posibilidade de que se poida comercializar unha vacina contra a COVID-19 antes de fin de ano ha insuflado aire novo ás bolsas mundiais. A vacina anunciada por Pfizer, cunha efectividade do 90% segundo a propia compañía, podería ser non só unha solución para a crise sanitaria, senón tamén para a crise económica global.
"Estou feliz de compartir con vostedes que Pfizer e o noso colaborador, BionTech,anuncian resultados positivos de eficacia do noso estudo de Fase 3 da última etapa da nosa potencial vacina COVID-19. Descubriuse que a vacúa candidata era máis do 90% efectiva para previr COVID-19 en participantes sen evidencia de infección previa por SARS-CoV-2 na primeira análise de eficacia provisional" adianta o presidente da farmacéutica de Estados Unidos.
Os datos do Servizo Galego de Saúde son realmente alentadores por quinta xornada consecutiva. Salvo Ourense, en ascenso, o resto de áreas sanitarias galegas arroxan datos moi positivos que levan á comunidade para sufrir un novo descenso nas súas cifras de casos activos. O máis significativo é que os descensos dos últimos días provocaron un cambio no paradigma da comunidade, cuxa evolución era ata onte lenta pero positiva. Hoxe, despois de rexistrar máis de medio centenar de casos menos, a tendencia galega é negativa.
Cales son os síntomas para sospeitar da COVID-19? Febre, Tose, Dor muscular, Náuseas, Vómitos e Diarrea (“FiToDoNaVo”), e por esa orde, importante isto para descartar outras patoloxías.
A Asociación de Directores/as de Residencias Sociais de Galicia (DiReS) atende a Galiciapress para debuxar cal é a situación na que se atopan os xeriátricos galegos, un dos elementos sobre os que a Covid-19 golpeou de forma máis sebera durante o inicio da pandemia, en metade desta segunda onda do coronavirus.
Pola súa banda, a área pontevedresa pasa dos 35 novos casos do martes aos 34 de hoxe. Ferrol, con nove positivos máis, e Santiago de Compostela, con seis, tamén contribúen a este salto nos datos galegos, o que supón a maior subida na comunidade desde o 9 de setembro, cando se descubriu o brote na residencia de Outeiro de Rei.Con máis dun centenar de casos novos, a tendencia galega mantense á alza despois das subidas rexistradas nos últimos días. Estas subidas provocaron de novo un cambio de paradigma, o que se traduce en que, porcentualmente, Galicia evolucione a un ritmo do 0,5% (un 0,3% máis desde onte) cando todo parecía indicar que pronto entraría nunha evolución negativa. Ademais, cabe destacar que esta xornada tamén se rompeu o récord de PCR con 5.518 probas.
Os datos do Servizo Galego de Saúde volven evidenciar que aínda que a situación parece ir normalizándose no conxunto de áreas sanitarias galegas, en Pontevedra o escenario segue sendo bastante preocupante.
As palabras de Fernando Simón esta semana tampouco axudan a acougar os ánimos. “Entendo que a xente queira ir de festa, pero hai maneiras e maneiras. Debemos concienciar á xente do que hai que facer. Hai maneiras de pasalo ben sen poñer en risco a ninguén”. Pero, sexamos sinceros, e lonxe do meu toda intención de levarlle a contraria ao Dr. Simón, seica temos algunha outra alternativa?