Os 25 mortos en 48 horas evidencian o risco real nesta nova onda da Covid-19 en Galicia

A última actualización do Servizo Galego de Saúde destaca por moitas cousas, pero talvez os nove decesos engadidos á macabra conta de falecidos desde o inicio da crise sanitaria sexa o máis alarmante esta xornada. Se os sumamos aos 16 notificados onte, en só dous días, perderon a vida 25 persoas por Covid-19. E estes son, claro, os mortos "recoñecidos" polo SERGAS, xa que cabe lembrar o proceso de cambio no modelo de cálculo. A finais de maio a Xunta deixou de contar todos os mortos con Covid. O SERGAS agora só informa dos decesos nos que considera que o coronavirus xogou un papel crave. Desta maneira, queda por completo á interpretación duns e outros que entendemos por "papel crave". 


|

A última actualización do Servizo Galego de Saúde destaca por moitas cousas, pero talvez os nove decesos engadidos á macabra conta de falecidos desde o inicio da crise sanitaria sexa o máis alarmante esta xornada. Se os sumamos aos 16 notificados onte, en só dous días, perderon a vida 25 persoas por Covid-19. 

 

E estes son, claro, os mortos "recoñecidos" polo SERGAS, xa que cabe lembrar o proceso de cambio no modelo de cálculo. A finais de maio a Xunta deixou de contar todos os mortos con Covid. O SERGAS agora só informa dos decesos nos que considera que o coronavirus xogou un papel crave. Desta maneira, queda por completo á interpretación duns e outros que entendemos por "papel crave". 

 

As mortes suceden nun contexto no que a pandemia está nunha clara tendencia expansiva, hoxe con máis de 1.700 novos positivos, con 824 ingresados por coronavirus en planta -18 máis nun día- e 34 nas Unidades de Coidados Intensivos -catro máis en 24 horas-. Todo isto está a favorecer o colapso nas Urxencias de hospitais como o CHUS ou o Montecelo. Colapsos que, podemos aventurar, non serán os primeiros nin os últimos, xa que a tendencia empeza a converterse en explosiva.

 

 

Como contabamos onte, levamos máis dun mes vendo como a situación empeora a diario e como os profesionais sanitarios denuncian que a súa situación é crítica. Sen reforzos na Atención Primaria, sen nin sequera cubrir as prazas vacantes que deixan os médicos que se van de vacacións por estas datas, os centros de saúde están desbordados e o tempo de espera para unha consulta, nalgúns lugares, supera os sete días polas axendas inabarcables dos médicos da Primaria.

 

Neste cóctel, non é de estrañar que algúns usuarios, a pesar de que a súa doenza poida ser leve, recorran ao Servizo de Urxencias dos hospitais, provocando un tapón que repercute tanto neses pacientes cun problema non urxente con aqueles que si precisan unha atención inmediata. Isto, sumado ao aumento significativo da poboación pola chegada de turistas no verán, provoca episodios como o vivido no Hospital Montecelo de Pontevedra hai uns días ou o denunciado pola Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS onte

 

 

 

CIFRAS

A incidencia acumulada semanal sobe apenas dous puntos ata 378 positivos por 100.000 habitantes, mentres que se atendemos á incidencia a dúas semanas vemos que crece once puntos, ata os 664 casos por 100.000 habitantes. Os dous índices de transmisión levan á alza desde maio. 

 

Non son as subidas máis alarmantes desta nova etapa, pero axudan a manter a pandemia á alza. Tamén vemos que a razón de taxas é hoxe de 1,14, un 0,01 menos que na última actualización, por tanto na última semana houbo un 14% de positivos máis que na penúltima. 

 

Pola outra banda, a positividade atópase hoxe no 61,8%. Supón unha subida de 20,3 puntos en só un día e segunda cifra récord, só superada polo 62,9% de fai cinco días. É consecuencia non só do terrible escenario no que nos atopamos, senón tamén da estratexia da Xunta. O que importa é a media semanal, que tampouco deixa de crecer, e atópase nunha cifra récord, por encima do 55%. 

 

TRES CAMBIOS DE MÉTODO ESTES MESES

Hai que lembrar que co sistema implantado, só fanse probas a persoas maiores de 60 e colectivos especialmente vulnerables, enfermos de cancro ou asmáticos, por exemplo. Tamén a profesionais sanitarios e traballadores de residencias.

 

Agora tampouco se suman os positivos de autotest caseiros, que eran maioría no anterior sistema. Isto provoca que os índices de sexan moitísimo máis baixos do que é a transmisión real. 

 

O cambio de método de seguimento da transmisión produciuse a finais de marzo. Houbo outro cambio de forma de contar posterior, en hospitalización. O SERGAS reduciu o número de días que unha hospitalizado conta como enfermo de covid. Isto reduciu artificialmente a cifra de hospitalizados cando se executou na penúltima semana de abril.

 

Nos últimos meses houbo un terceiro cambio estatístico produto da polémica estratexia de 'gripalización', en falecementos. A finais de maio a Xunta deixou de contar todos os mortos con covid. O SERGAS agora só informa dos decesos nos que considera que o coronavirus xogou un papel crave, algo que non deixa de ser moi subxectivo. Isto tamén provocou a rebaixa artificial da curva de falecementos.  

 

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

Na porcentaxe de cambio diario, hoxe o aumento é dun 7,48% do total de infectados. É unha subida pronunciada, a que máis no últimos cinco días. Son 1.104 casos máis nas últimas horas; 1.368 máis en 48 horas. 

 

 

A tendencia semanal é cada vez peor e irá máis, segundo indican todos os índices. Hoxe repunta un 0,25%, ata o 3,71%. Como onte, no histórico non atopamos un nivel con este ritmo de subida desde que comezou o proceso de "gripalizar" a Covid, alá polo mes de marzo. Desde entón, nunca se superaron estes datos, en gran medida tamén polas constantes alteracións que sufriron os indicadores cos cambios de criterio repentinos da Xunta. 

 

DATOS POR ÁREAS

As áreas, a diferenza dos días pretéritos, hoxe experimentan unha subida xeral. Ata agora, as áreas sanitarias do suroeste -Pontevedra e Vigo- eran as que aguantaran mellor. Con todo, a área pontevedresa repunta hoxe con 86 casos máis, mentres a olívica suma 209 máis. Vigo é, de feito, a área que máis escala hoxe. As demais áreas superan todos o centenar de novos casos na súa listaxe, con Santiago e Lugo rozando os 200 nun só día. 

 

 

ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • Os casos activos non deixan de subir e cada vez fano de maneira menos disimulada. Hoxe son máis dun milleiro de casos máis tras os máis de 1.700 contaxios detectados. Os niveis de transmisión seguen aumentando e os casos activos poderían superar mañá a barreira dos 16.000. A última vez que houbo tantos casos foi o 7 de maio, hai dous meses. 
  • O máis preocupante nestes momento é a situación nos hospitais, cada vez máis cheos e con cada vez menos recursos humanos e materiais. Os 824 hospitalizados en planta son a peor cifra desde febreiro de 2021. E iso que a Xunta tratou de reducir a forma de contabilizar os ingresados por Covid en varias ocasións, reducindo o número de días que unha hospitalizado conta como enfermo.
  • Pero tampouco son os hospitalizados o único que nos debería preocupar. Os nove decesos nas últimas horas supoñen que nos cinco primeiros días de xullo notificáronse 30 mortos por Covid-19. A media de falecidos atópase en 3,4 ao día. Isto tradúcese en que, de media, morrerán máis de 1.200 persoas por coronavirus este ano. 
     

 

  • E volvemos á cuestión principal: pode manexala o SERGAS? Si, porque xa o fixo con 1.300 hospitalizados, pero a marxe é cada vez menor e a situación non é comparable porque entón sanidade contaba con máis efectivos e as especialidades como medicina interna non vivían un momento tan crítico como o de hoxe... Hai que engadir a isto o efecto incerto que o turismo nacional e internacional pode ter sobre a sanidade. É pronto para facer conxecturas respecto diso, pero desde logo todo o que se poida aventurar non é moi alentador. 
  • O pico da onda aínda parece afastado, porque, insistimos, a chegada de turistas pode acelerar os niveis de transmisión. Haberá que esperar aínda uns días para ver o comportamento da onda. Con todo, non parece inmediato.
  • A cuestión é, ata que punto pódeo pasar mal o SERGAS? Desde logo, e como incidimos constantemente, grazas ás vacinas, non debese haber problemas nas UCIs. Os pacientes que se poñen graves son moitísimos menos en proporción e, ademais, unha parte deles son persoas con saúde tan delicada que nin sequera pasan pola planta de críticos antes de falecer. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE