​Brote na residencia Clece Vitam Pardo Bazán de Vigo, con cinco contagios; trece centros afectados en Galicia

Doutra banda, baixa o número de afectados nas residencias para a discapacidade, onde só atopamos casos activos na residencia ferrolá Coral Seoane, que con todo conta cun importante descenso : de 25 a 18 casos nunha semana.


|

Galicia conta con 35 casos activos nas residencias para a terceira idade, con trece centros afectados por diversos brotes.


Á cabeza sitúase a residencia DomusVi de Barbadás, que alcanza a decena de casos ao sumar dous máis desde a semana pasada.


Residencia clece vitam


Rúa á residencia Cleve Vitam Pardo Bazán de Vigo | Foto: EP


As residencias galegas seguen sufrindo os efectos da sexta onda, tal e como confirman as cifras de a Xunta de Galicia publicadas esta mañá. O Goberno galego informa de trece centros para a terceira idade con polo menos un caso activo, destacando por encima do resto a residencia DomusVi de Barbadás, que a semana pasada informaba de oito casos. Sete días despois son xa dez os afectados no centro ourensán.


Tras Barbadás sitúase a residencia Clece Vitam Pardo Bazán de Vigo, que vén de confirmar un brote con cinco afectados. É, xunto co xeriátrico San José de Arzúa -tamén cinco casos activos; catro máis que hai unha semana- a segunda máis afectada da comunidade.



A vivenda comunitaria 'A túa outra casa' de Sarreaus, que contaba con nove casos activos, só refire un contaxio nove días despois. A residencia Irmáns Prieto do Carballiño, con tres, a Virxe de Guadalupe de Mos, con outros tres, a As Doures de Lalín, cun, e a residencia A nosa Señora das Dores de Forcarei, tamén cun, contan co mesmo número de casos activos que hai unha semana.


Saen da listaxe os centros de Baralla, unha residencia e un apartamento tutelado, que contaba con tres usuarios afectados, pero entran dous usuarios da residencia de Pontevedra e os centros Santo Estebo Perilo, a Nosa Señora da Saúde da Peroxa, a San José Otero de Santiago de Compostela e a residencia Esgos, todos eles cun caso activo.


Doutra banda, baixa o número de afectados nas residencias para a discapacidade, onde só atopamos casos activos na residencia ferrolá Coral Seoane, que con todo conta cun importante descenso : de 25 a 18 casos nunha semana.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE