Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.
“Non desesperes, nin sequera polo feito de que non desesperas. Cando todo parece terminado, xorden novas forzas. Isto significa que vives”. Franz Kafka: A Metamorfose. 1915.
A pandemia por coronavirus SARS- CoV-2 (que debe o seu nome o feito de ter unha forma esférica da que sobresaen unhas espículas que lles dan a aparencia dunha coroa, por semellanza a coroa solar), segue aí… e seguirá! Ten (e terá) consecuencias económicas, sociais, políticas…e sanitarias.
É un virus novo, pero dunha familia vella, coñecida dos epidemiólogos e que, en xeral, causaba arrefriados comúns. Coñeciamos 6: o HCoV-229E, HCoV- OC43, HcoV- NL63, HcoV- HKU1, SARS- CoV, MERS- CoV e apareceu o SARS- CoV-2 causante da Covid-19. Este é, tamén, da familia dos coronavirus, pero é un virus RNA que muta con frecuencia e isto faio máis perigoso. Os coronavirus non só afectan os humanos, tamén poden pasar de especie a especie. Cando isto ocorre, atopámonos cun virus totalmente novo, algo que nosas defensas non viron nunca e por tanto, non saben como actuar. A mortalidade e contagiosidad deste coronavirus é moito maior que a dos anteriores. O seu período de incubación é de 14 días.
E que podemos facer? Lavarnos as mans, usar as máscaras e gardar a distancia de seguridade (as 3 M: mans, máscara e metros). Se tes sospeita de que podes telo, ou ben por estar en contacto con persoa positiva ou polos síntomas, debes poñerche en contacto co teu Médico de Familia, ou chamar o 900 400 116 e explicar o caso. Se es positivo e non tes síntomas, illarche 14 días é obrigatorio.
Cales son os síntomas para sospeitar da COVID-19? Febre, Tose, Dor muscular, Náuseas, Vómitos e Diarrea (“FiToDoNaVo”), e por esa orde, importante isto para descartar outras patoloxías.
Cales son as consecuencias de padecer a COVID-19?
Problemas cardíacos: Palpitacións, Hipotensión Ortostática, Síncope, HTA, Taquicardias, Bradicardias.
Problemas Respiratorios: Disnea, Opresión Torácica, Tose Seca.
Problemas Psicolóxicos: Ansiedade, Fobias, Apatía, Trastornos do soño, problemas derivados da estancia en UCI, perda de hábitos e rutinas, tensión psicosocial derivada dunha situación extraordinaria.
Problemas Otorrinolaringolóxicos: Odinofaxia, Disfaxia, Disfonía, Hipoacusia, Aftas Bucais.
Problemas Oftalmolóxicos: Diplopia, Visión Borrosa, Ollo seco.
Problemas Osteomusculares: Artralxias, Mialxias, Cambras Musculares.
Problemas que Coagulación: Hematomas, Microtrombose. Hoxe sabemos que esta é unha das causas da alta mortalidade causada por este virus.
Problemas Dixestivos: Dores Abdominais, Dispepsia, Pirose, Diarrea, Flatulencia.
Problemas Dermatolóxicos: Urticaria, Rash, Alopecia.
Problemas Neurolóxicos: Parestesias, Cefaleas, Perda do Gusto, Perda do Olfacto, Trastornos da Aprendizaxe, Déficit de Memoria, Mareo, Inestabilidade, Dificultade de Concentración.
Problemas Xerais: Febrículas, Anorexia, Calafríos, Malestar Xeral.
...E Problemas COVID-Persistentes: Astenia, Perda da Calidade de Vida, Fluctuación dos Síntomas.
Cando falamos de mortes de anciáns, non falemos de "os nosos maiores", "os avós". Nin son "os nosos" no sentido de posesión, nin todos son "avós". O de non derivalos aos hospitais de referencia é de delito; como o que fixo Feijóo, dando 250 euros para gastar en canas e paradores, e mentindo descaradamente cando dixo que tiña “6.000” rastreadores, vaia mentira, pois incluía o persoal de Atención Primaria, xa sobrecargado.
E comeza o curso escolar. A Consellería de Educación puxo de acordo a todas as institucións relacionadas que educación en contra do “protocolo” de seguridade, outro “éxito” de Feijoo.
O interese da administración debería ser que a xente non se contaxie e que non enferme, pero para iso hai que querer, e polo que estamos a ver, queren ben pouco.
Aprender a convivir co virus e coa “nova normalidade” é algo ao que teremos que afacernos, por desgraza!
Pero non debemos resignarnos e temos que demandar das administracións coherencia, non contradicións, e transparencia!
Escribe o teu comentario