​O persoal do SERGAS da Coruña pide o cesamento da Dirección de Enfermería por coerciones e precariedade

A Xunta de Persoal da EOXI herculina reclama ao SERGAS a destitución da Dirección de Enfermería, á que tachan de non ser “un interlocutor valido”.


|

A Xunta de Persoal leva reclamando ao SERGAS a destitución da Dirección de Enfermería desde hai meses, sen éxito.


Os sanitarios aseguran que a situación empeorou durante a pandemia, debido ao abuso de formas precarias de contratación e á falta de organización


Consultado por Galiciapress, o SERGAS garda silencio de momento e prefire non dar a súa versión da situación.



Concentración ante o Chuac en demanda de máis persoal

Unha pasada concentración de traballadores do CHUAC pedindo máis medios


SUCESIÓN DE PETICIÓNS DE CESAMENTO

A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña trasladou recentemente á xerencia a súa petición para lograr a destitución da Dirección de Enfermería. Á reclamación presentada o pasado xaneiro durante o auxe da terceira onda, súmase agora a realizada o pasado 15 de abril, onde recalcan a “diminución continua da presenza da disciplina da enfermería na toma de decisións”, a recuperación de arcaicas formas de supeditación dentro da organización sanitaria ou e “descoñecemento das necesidades e dificultades asistenciais das distintas unidades e centros”.


Nesta liña, os profesionais de enfermería denuncian “un claro retroceso da profesión” que temen afecte tanto ao seu presente, como así está a ser, como ao seu futuro. “Na xestión de Recursos Humanos que o persoal de enfermería, señaladamente o persoal temporal, está a soportar, e que o ano de pandemia non fixo máis que empeorar, destaca a desorganización, a improvisación, a incapacidade de adiantarse ás demandas, o emprego abusivo da máis precarias formas de contratación, da arbitrariedade na adxudicación de destinos...”, relatan desde a Xunta de Persoal


Xa en xaneiro, cando a UCI do CHUAC estivo ao bordo do colapso, recoñecían ter “moita pandemia por diante”como para permitir “o luxo de máis irresponsabilidades da Dirección de Enfermería”.



De igual maneira, a Comisión de Centro Especializada elevou as queixas á xerencia despois do ocorrido nunha reunión para falar do preocupante déficit de persoal que presentaba o servizo de enfermería. O trato nesa ocasión, segundo narran, foi de “ninguneo e coacción” por parte da dirección.


Por todo isto, inciden en que a “vulneración dos dereitos laborais e sindicais”, así como as “condutas calificables como coercitivas e desconsideradas” son as que “inhabilitan” ao equipo directivo “como interlocutor válido” e motivan o seu cesamento.


Desde a EOXI da Coruña - Cee, tras ser consultada por Galiciapress,  indican ao fío da denuncia que darán a súa versión do ocorrido "cando teñan que dala"


“O persoal de enfermería merece unha Dirección de Enfermería, se non á atura de de a valía e esforzo dos seus profesionais, canto menos que non agrave aínda máis a súa situación de cansazo ao impoñer coas súas actuacións unha carga engadida ás xa grandes dificultades e esixencias do exercicio da profesión nunha situación de pandemia”, conclúen desde a Xunta de Persoal.    

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE