(VÍDEO) Un home denuncia as "inhumanas" condicións no hospital CHUAC: "Estamos metidos en salas de consultas"

"Despois de máis de dous anos con Covid, saben que hai ondas e aquí estamos metidos en salas de consultas", reclamaba no vídeo.  Fonte: Twitter Bombeiros A Coruña / Un home denuncia a situación dos pacientes no CHUAC Un home tras acompañar ao seu pai ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) decidiu publicar un vídeo en redes manifestando as "inhumanas condicións" nas que se atopan os pacientes por falta de recursos.  Segundo comunica, o seu pai ingresou á primeira hora desta mañá no CHUAC por síntomas de COVID-19.


|

"Despois de máis de dous anos con Covid, saben que hai ondas e aquí estamos metidos en salas de consultas", reclamaba no vídeo. 

 

Un home denuncia a situaciu00f3n no CHUAC
Fonte: Twitter Bombeiros A Coruña / Un home denuncia a situación dos pacientes no CHUAC

 

Un home tras acompañar ao seu pai ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) decidiu publicar un vídeo en redes manifestando as "inhumanas condicións" nas que se atopan os pacientes por falta de recursos.

 

 

Segundo comunica, o seu pai ingresou á primeira hora desta mañá no CHUAC por síntomas de COVID-19. Asegura que, desde a súa entrada, estiveron esperando por camas "como outros pacientes" 

 

Asegura que o servizo do persoal hospitalario non ten "queixa ningunha", pero si a xestión e procedementos que provocan que os pacientes se atopen nunha situación inadecuada. "Despois de máis de dous anos con Covid, saben que hai ondas e aquí estamos metido en salas de consultas", reclamaba no vídeo. 

 

Ademais, engade que os pacientes están separados por biombos e comen nas camas e catalógao como unha situación "terceiromundista". O home reclama, por tanto, un cambio ao sistema sanitario que se expón. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE